Xornal21.es
Sábado, 16 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO
O Festival de Cans abre a convocatoria para o seu concurso
A inscripción será gratuita e poderá facerse ata o 3 de marzo na propia web do certame
O O Festival de Cans, que celebrará a súa XXI edición do 21 ao 25 de maio de 2024, abre a convocatoria para poder acceder á súa competición oficial. Todas aquelas autoras e autores que o desexen poderán enviar as súas obras a concurso para participar nas diferentes categorías competitivas do certame, que este ano aumentará a dotación adicada a premios ata rondar os 12.000 euros.
En concreto serán 11.900 euros, que se destinarán a recompensar as curtas premiadas nas diversas categorías, todas con dotación económica, ademáis de diversas aportacións económicas engadidas. Nesta edición, cada obra que reciba o Premio do Xurado nesas categorías de Ficción e animación e Furacáns (non ficción), así como o Premio do Público, recibirán unha dotación engadida de 300 euros cada unha, en concepto de dereitos de difusión da súa obra no ciclo Cinemaldea. Do mesmo xeito, o premio á mellor dirección de fotografía levará 1.000 euros engadidos canxeables por material profesional de rodaxe na empresa RC Service.
As autoras e autores poderán inscribir as súas obras de xeito gratuito na web do Festival de Cans e terán de data límite para facelo ata o 3 de marzo de 2024. Poderán inscribir curtametraxes nas categorías de ficción, animación, non ficción, coñecida como Furacáns, e Novas Camadas, destinada a impulsar ás creadoras e creadores menores de 25 anos, e a visibilizar as obras de novas e novos cineastas xurdidos de escolas de cine e diversas universidades. Tamén se poderán inscribir videoclips para a competición oficial nesta categoría e longametraxes e outro tipo de obras, que completarán a programación nas diferentes seccións paralelas. Todas as obras deberán ter sido realizadas do ano 2023 en diante e darase preferencia na selección ás obras que sexan estreas absolutas.
Os principais premios estarán destinados ás categorías de ficción con 2.000 euros, e animación e premios do público con 1.500 euros cada unha. A organización tamén mantén o premio de 1.000 euros destinado a categoría Novas Camadas, un dos grandes escaparates dos creadores máis novos. O obxectivo do festival ven sendo nas últimas edicións manter e mesmo aumentar as dotacións dalgúns premios, que poidan servir de apoio e estímulo na carreira de novas e novos cineastas. A convocatoria ten este ano a novidade de que os cineastas poderán inscribir obras que non estean aínda completamente rematadas, en fase de postprodución ou montaxe.A finalidade é que se poidan dar a coñecer como “Work in progress”, dentro da sección Fillxs de Cans, unha das seccións máis celebrada polo público do festival.
Cans, festival talismán para os Premios Goya.
O Festival de Cans quere felicitar publicamente a todas e todos os finalistas galegos dos Premios Goya, especialmente aos que pasaron polo festival na última edición. Seguindo a tradición dos últimos anos, varias e varios deles amosaron os seus traballos en Cans. O cineasta Álvaro Gago, tres veces premiado en Cans como curtametraxista, é finalista á mellor Dirección Novel polo seu filme “Matria”, que vimos en Cans, do mesmo xeito que a actriz María Vázquez, finalista na categoría de Mellor actriz. Ademáis de pasar por Cans como actriz de curtas a concurso, tamén poidemos contar con ela nun encontro co público.
Outra das finalistas é Janet Novas, nominada a actriz revelación, que tamén pasou pola última edición do festival presentando un avance de “O Corno”, filme que protagonizou, dirixido por Jaione Camborda, é que gañou a Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián. Pola última edición tamén pasou adirectora de animación viguesa Lorena Ares, coa curta “Amanece la noche más larga”. Ares será finalista na categoría de longametraxe de animación con “Hanna y los monstruos”, última longa que dirixiu. Tamén na categoría de curta de animación estarán como finalistas o cineasta Martín Romero e a produtora Chelo Loureiro, que pasaron por Cans en diversas ocasións. O primeiro na competición oficial e a segunda como produtora de diversas obras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.145