Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 14:02:58 horas

Xornal21.es
Domingo, 17 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Persoas con Enfermidades Neurodexenerativas comparten vivencias con alumnado

Os octoxenarios Celedonio Villanueva e Jesús Iglesias contestaron ás preguntas dos escolares de 5º e 6º de Primaria que traballan nun proxecto competencial sobre o Alzhéimer

O CEIP Humberto Juanes acolleu esta semana un encontro interxeneracional facilitado desde o Concello de Nigrán ante o interese da comunidade educativa por realizalo. Os protagonistas foron Celedonio Villanueva e Jesús Iglesias, ambos veciños de Nigrán usuarios do Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas situado no CEE de Panxón. Na xornada participou tamén o alcalde de Nigrán, Juan González, e acudiron a edil de Maiores, María Mayán, e de Educación, Estela Pérez.

 

 

Os octoxenarios contestaron a todas as preguntas plantexadas polo alumnado de 5º e 6º de Primaria, xa que neste curso traballan precisamente nun proxecto competencial cuxo eixo temático é o Alzhéimer. Xunto á rapazada reviviron os seus traballos como maquinista naval e condutor de Vitrasa respectivamente ou os seus recordos da escola. Ademáis, coa colaboración da psicóloga de AFAGA (entidade concesionaria deste servizo municipal) explicaron como afrontan a súa enfermidade e que tipo de exercicios realizan para ralentizar o avance da mesma. Ao finalizar o encontro, Celedonio e Jesús foron entrevistados por dous alumnos de 6º na radio escolar. 

 

O Concello de Nigrán conta desde 2016 con este Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas de Panxón vencellado a súa política ‘Un Nigrán para todos’ e que funciona todas as tardes de luns a venres. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.