Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 10:40:25 horas

Xornal21.es
Domingo, 17 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Luis López anuncia 350.000 euros para modernizar a piscina municipal de Fornelos

O presidente da Deputación de Pontevedra visitou esta semana o Concello de Fornelos de Montes para asinar un convenio enmarcado no programa PON2030 co alcalde Emiliano Lage

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou este pasado xoves o Concello de Fornelos de Montes para asinar co rexedor Emiliano Lage un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con case 300.000 euros, o 85 % do orzamento, o proxecto para a rehabilitación das instalacións das piscinas municipais. O Concello, pola súa banda, achega o 15 % restante, preto duns 50.000 euros. Trátanse de iniciativas que son posibles grazas a colaboración institucional e que contribúen a transformar e modernizar os equipamentos públicos pensados para o disfrute da veciñanza e que ao axudan ao mellorar a eficiencia enerxética destas instalacións, explicou o mandatario provincial despois de asinar o acordo.

 

O proxecto, valorado en máis de 350.000 euros, supón a rehabilitación integral das piscinas e de toda a infraestrutura que presenta problemas de fugas e salubridade da auga, problemas de accesibilidade, un sistema de iluminación anticuado e irregularidades no céspede que bordea as piscinas. Con esta actuación, baseada en criterios de innovación, sustentabilidade e dixitalización e accesibilidade; as instalacións verán mellorados os peches perimetrais, a substitución dos valados para aproveitar toda a superficie da zona das piscinas, mellorada a accesibilidade ao complexo, así como a iluminación con tecnoloxía LED e un sistema de bombeo e depuración máis moderno e seguro. Do mesmo xeito, se repararán os vasos das piscinas para acabar coas fugas e os problemas de control da calidade da auga. En resumo, unha actuación que fará das piscinas de Fornelos de Montes unha referencia en canto a eficiencia, sustentabilidade e accesibilidade.

 

Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre Deputación e Concello de Fornelos de Montes realízase coa modificación das bases do programa PON2030 xa en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo goberno provincial se vexa reducido.

 

O presidente da Deputación aproveitou a súa primeira visita institucional a este Concello para resaltar a importancia deste tipo de proxectos que supoñen un avance no municipalismo que rexe a acción de goberno da Deputación e serven para mellorar as instalacións e a calidade de vida da veciñanza de municipios como o de Fornelos de Montes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.