Martes, 23 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 16 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

A Xunta colabora con 2 M€ para mellorar o saneamento en Salvaterra de Miño

O obxectivo é rematar o saneamento integral das parroquias de Leirado, Fiolledo, Soutolobre, Corzáns, Oleiros e Meder, na bacía do río Mendo

O Consello da Xunta autorizou  a sinatura do convenio de colaboración co Concello de Salvaterra de Miño para mellorar o sistema de saneamento municipal coa execución dunha depuradora e a conclusión da rede de colectores na bacía do río Mendo, que suporán un investimento de 2 M€.

 

 

O obxectivo é rematar o saneamento integral das parroquias de Leirado, Fiolledo, Soutolobre, Corzáns, Oleiros e Meder, na bacía do río Mendo, completando a rede de colectores e construíndo unha nova depuradora de augas residuais.

 

O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, financiará o 80% da actuación, achegando 1,8 M€, e o Concello porá o investimento restante, é dicir, 200.000 €.

 

As actuacións serán cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Plan Estratéxico da Política Común de España 2023-2027 (PEPAC) en Galicia.

 

No que se refire ás obrigas, a Xunta realizará a tramitación e a execución das obras, que terán un prazo de 18 meses.

 

Unha vez asinado o citado convenio, procederase á licitación das obras para que poidan estar en execución no segundo semestre de 2024.

 

Actuacións
As obras previstas inclúen a construción dunha depuradora no río Mendo, deseñada para un caudal horario punta de 118,08 m3/h que dará servizo aos 2.310 habitantes esperados no ano horizonte 2040.

 

Tamén se executará un colector de conexión á rede de Oleiros co fin de facer chegar á nova depuradora as augas residuais recollidas no citado núcleo.

 

O proxecto abrangue os correspondentes pozos de bombeo, así como as impulsións de entrada e saída de depuradora.

 

A Xunta, a través de Augas de Galicia, continua prestando apoio técnico e financeiro aos municipios para que poidan exercer de xeito eficiente as súas competencias de saneamento e abastecemento, proporcionando uns servizos de calidade aos cidadáns.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.