Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 18 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Xunta colaborará co Concello de Ponteareas no saneamento de Ribadetea

Suporán un investimento de preto de 1,7 m€

O obxectivo é dotar de servizo de saneamento a toda a parroquia de Ribadetea, resolvendo os problemas detectados e eliminando os sistemas individuais existentes

O Consello da Xunta autorizou a semana pasada a sinatura do convenio de colaboración co Concello de Ponteareas para executar a primeira fase do saneamento da parroquia de Ribadetea, que suporá un investimento de preto de 1,7 M€.

 

 

O obxectivo do acordo é dotar de servizo de saneamento a toda a parroquia de Ribadetea, resolvendo os problemas detectados e eliminando os sistemas individuais que existen na actualidade.

 

Unha vez asinado o convenio, a Xunta prevé licitar as obras para que poidan estar en execución no segundo semestre de 2024.

 

En relación ás obrigas dispostas na colaboración, a Xunta achegará o 80% do financiamento das intervencións, máis de 1,3 M€, e o Concello o 20% restante, é dicir, algo máis de 330.000€.

 

As actuacións serán cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Plan Estratéxico da Política Común de España 2023-2027 (PEPAC) en Galicia.

 

No que se refire aos compromisos establecidos no convenio, o Goberno galego, a través de Augas de Galicia, executará as obras, cun prazo de 6 meses, e tramitará os fondos europeos, financiando os gastos non elixibles que superen a achega municipal.

 

Actuacións
De xeito máis detallado, as obras comprenden a execución dunha rede de saneamento nos núcleos da Freixa, O Souto e O Eido e a conexión coa rede existente na parroquia de Ribadetea, que conduce as súas augas residuais á estación de bombeo de augas residuais (EBAR) da Freixa para posteriormente dirixilas á depuradora da Moscadeira, na parroquia de Ponteareas.

 

Nesta primeira fase, proxéctanse dúas estacións de bombeo novas, en Mourade e A Freixa, e a renovación dos equipos de bombeo na EBAR existente.

 

Coa execución deste proxecto resolveranse os problemas de saneamento da parroquia de Ribadetea, eliminando os sistemas individuais que existen na actualidade.

 

A poboación beneficiada polas actuacións establecidas no convenio hoxe autorizado é de 1.051 habitantes, que contarán cun servizo de saneamento eficiente e acorde ás súas necesidades.

 

Esta nova colaboración da Xunta co Concello de Ponteareas súmase á que xa está en marcha para a construción da nova depuradora municipal e mellora do sistema de saneamento, que impulsa Acuaes por ser unha actuación de Interese Xeral do Estado. Augas de Galicia achega a esa actuación 2,3 M€ de fondos propios.

 

A construción desa nova depuradora é necesaria para que o sistema de depuración poida ampliar a súa capacidade de tratamento e recibir tamén as augas residuais procedentes da parroquia de Ribadetea.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.