Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Martes, 19 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Medra a demanda de transporte urbano na cidade de Pontevedra

A Xunta e o Concello de Pontevedra acordan manter en 2024 as bonificacións no transporte urbano

Prorrógase un ano máis o convenio que supón a rebaixa de 50 céntimos nas viaxes urbanas e a bonificación dos transbordos no municipio

A Xunta e o Concello de Pontevedra acordaron manter o vindeiro ano 2024 as bonificacións no transporte urbano, servizo que se presta a través das concesións de transporte público autonómico e no que a demanda medrou un 30% con respecto ao pasado ano.

 

O Goberno galego e o Concello de Pontevedra asinaron a semana pasada unha prórroga do convenio de colaboración polo que se activaron descontos nas viaxes de autobús realizadas dentro do municipio. O acordo, que estaba prorrogado ata o vindeiro 31 de decembro, estenderá a súa duración un ano máis, ata o 31 de decembro de 2024.

 

Así, o próximo ano manterase o desconto de 0,50 € no prezo dos billetes das viaxes con orixe e destino no termo municipal de Pontevedra, así como a bonificación dos transbordos.

 

Ademais destas melloras nas tarifas activadas mediante o convenio de colaboración co Concello, os usuarios benefícianse dos descontos e bonificacións que se aplican con carácter xeral no transporte público interurbano co pago das Tarxetas de Mobilidade de Galicia. Entre elas: a rebaixa directa do 10% no prezo dos billetes que se paga con esta tarxeta; o desconto adicional do 50% que a Xunta vén aplicando desde setembro de 2022; a gratuidade para os menores de 21 anos a través da tarxeta Xente Nova; ou a gratuidade para os maiores de 65 anos que se activará o vindeiro 1 de xaneiro.

 

O conxunto das medidas de fomento do uso do transporte público da Xunta impulsou un crecemento da demanda nas viaxes urbanas de Pontevedra dun 30% con respecto ao ano pasado, superando os 74.000 viaxeiros en novembro, fronte aos 58.000 do mesmo mes de 2022.

 

No acumulado de 2023, ata novembro, realizaron viaxes urbanas en Pontevedra case 650.000 usuarios, dos cales case o 80% se beneficiaron dos descontos nas tarifas polo pagamento coas Tarxetas de Mobilidade de Galicia, TMG e Xente Nova.

 

Os traballos de campo sobre o transporte público realizados este outono arroxaron unha valoración xeral de 89 puntos sobre 100 na calidade dos servizos do transporte urbano de Pontevedra, que vén prestando a Xunta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.