PROVINCIA
A Xunta inviste en dous vehículos eléctricos para labores de conservación nas Illas Cíes e en Ons
A directora xeral de Patrimonio Natural asistiu á recepción de dúas novas unidades para a flota terrestre do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas
A Xunta investiu máis de 115.000 euros na adquisición de dous vehículos eléctricos preparados para realizar labores de conservación no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas. Estes medios terrestres -un deles operará nas illas Cíes e o outro en Ons- están especialmente preparados para transitar por zonas agrestes do medio natural como pistas irregulares ou sen asfaltar.
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, asistiron o pasado venres no porto de Vigo á recepción destas dúas unidades coas que se dá un paso máis na electrificación da mobilidade deste parque nacional, favorecendo a descarbonización do transporte e a redución das emisións á atmosfera. Ademais, incorpóranse a unha flota terrestre que está conformada na actualidade por 10 vehículos: cinco todoterreos, catro camionetas e unha furgoneta.
Os novos medios terrestres contan co cofinanciamento dos programas de incentivos ligados á mobilidade eléctrica (MOVES III) no marco do Plan de Recuperación, Transformación, Resiliencia (NextGenerationEU) financiado pola Unión Europea.
Estas incorporacións cumpren o dobre obxectivo do Executivo galego de apostar por unha mobilidade máis sostible e respectuosa co medio ambiente dentro do parque nacional ao tempo que se melloran os medios a disposición dos profesionais que se encargan da conservación e mantemento das illas que conforman este espazo protexido.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163