Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 10:40:25 horas

Xornal21.es
Sábado, 16 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Preto de 2.500 persoas de 57 concellos da provincia participaron no programa Depotermal

O presidente Luis López subliñou a importancia desta iniciativa “que permite fomentar o envellecemento activo e favorecer o acceso a actividades de ocio saudable ao tempo que dinamiza a economía da provincia, algo prioritario para este goberno”

Co regreso a casa este venres das 150 persoas que esta semana estaban a participar en Sanxenxo na última quenda de Depotermal, a Deputación de Pontevedra pon o broche de ouro a esta iniciativa da que se beneficiaron, este ano, 2.500 persoas de 57 concellos da provincia. O presidente Luis López fixo balance deste programa que “permite fomentar o envellecemento activo e favorecer o acceso a actividades de ocio saudable ao tempo que dinamiza a economía da provincia, algo prioritario para este goberno”.

 

O programa Depotermal desenvolveuse no último trimestre deste ano co obxectivo, tal e como explicou o presidente, de contribuír a “impulsar a creación e o mantemento de postos de traballo en períodos de menor actividade do sector turístico”. Deste xeito, das 2.500 persoas preto de 1.800 fixérono aloxándose nos establecementos termais e as restantes 700 gozando de tratamentos na modalidade diúrna, é dicir, trasladándose desde os seus domicilios.

 

Todas as persoas participantes eran maiores de 50 anos, xubiladas e pensionistas, ou con discapacidade igual ou superior ao 65% ou acreditación de respiro familiar que se aloxaron en establecementos hoteleiros da provincia. Alí gozaron das súas piscinas terapéuticas así como dun amplo programa que incluíu actividades de animación sociocultural, sesións monitorizadas de activación muscular e articular, tratamentos dixestivos con augas medicinais, así como actividades para mellorar a mobilidade, a circulación, combater a dor e a inflamación e reducir o estrés.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.