Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 21 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Colaboración entre a Deputación e o Concello de Cerdedo-Cotobade para á mellora do núcleo dos Castros

O presidente do goberno provincial recibiu no seu despacho do Pazo provincial ao alcalde Jorge Cubela para asinar un convenio de colaboración enmarcado no programa PON2030

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, veñen de asinar un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con máis 220.000 euros, o 85 % do orzamento, os traballos para a humanización e mellora das infraestruturas no núcleo dos Castros. O Concello, pola súa banda, achega o 15 % do total (40.000 euros). A sinatura do protocolo realizouse no despacho presidencial do Pazo provincial, durante o acto, Luis López destacou o esforzo e cooperación de ambas as administracións para transformar espazos urbanos e valorou o empeño do rexedor Jorge Cubela para mellorar os servizos prestados á veciñanza.

 

 

A obra, valorada en 260.000 euros, servirá para a renovación integral da imaxe e os servizos desta rúa da parroquia de Quireza. O proxecto contempla a renovación do pavimento dunha vía cun ancho que varía entre os 4 e os 8 metros, así como a implantación dunha zona axardinada na contorna da igrexa e o embelecemento de todo o ámbito con melloras no mobiliario urbano. Ademais, renovaranse tamén os colectores de pluvias e de abastecemento, así como a iluminación da rúa, na que se instalarán 17 luminarias con tecnoloxía LED que contribuirán á mellora da eficiencia enerxética e a un aforro no consumo de luz. Neste sentido, o mandatario provincial remarcou que a obra supón un novo paso adiante na mellora dos servizos prestados a cidadanía, na mellora da imaxe das aldeas e no avance no coidado do medio ambiente. Accións que, en definitiva, contribúen a fixar poboación nos concellos rurais da provincia de Pontevedra.

 

Segundo recolle o convenio, as obras deberán estar rematadas antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre Deputación e Concello de Cerdedo-Cotobade realízase coa modificación das bases do programa PON2030 xa en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo goberno provincial se vexa reducido.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.