Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 20 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra impulsa a bioeconomía azul xunto con socios europeos no proxecto BEAP-MAR

A Deputación de Pontevedra está a traballar con entidades de Francia, Irlanda e Portugal para abordar os retos clave da bioeconomía azul no Espazo Atlántico. A través da Estación Fitopatolóxica Areeiro a institución provincial está a participar no proxecto europeo BEAP-MAR, coordinado pola Universidade de Santiago, que conta cunha subvención de 1,66 millóns de euros do Interreg Atlantic Area 2021-2027 que cobre o 75% do orzamento total do proxecto, que ascende aos 2,2 millóns de euros.

 

 

O obxectivo principal de BEAP-MAR, cuxa primeira xuntanza de traballo terá lugar o 30 de xaneiro no Campus de Lugo da Universidade de Santiago, é valorizar os organismos mariños que non se teñen explotado comercialmente de maneira tradicional, como novas cepas de microalgas e macroalgas, fungos mariños e esponxas, coa finalidade de desenvolver novos proxectos innovadores e produtos sostibles de alto valor engadido.

 

No caso concreto da Deputación de Pontevedra, a Estación Fitopatolóxica Areeiro comezou cos traballos de identificación dos diferentes organismos mariños, principalmente fungos, para que outros dos socios do proxecto poidan despois analizar se en ditos organismos existe algunha biomolécula que poida ser empregada na industria. O orzamento da institución provincial para esta iniciativa é de 164.315 euros, dos que o programa Interreg financia o 75% (123.236 €).

 

Ademais da USC e da Deputación, hai outros seis socios no proxecto BEAP-MAR, pertencentes a catro estados membros da Área Atlántica: dúas universidades, a de Galway (Irlanda) e a do Algarve (Portugal); dous centros superiores de investigación, o Politécnico de Leiria (Portugal) e o Commissariat a l’énergie atomique et énergies alternatives (Francia); unha axencia nacional, a French Agency for Food, Environmental and Occupational Health & Safety (Francia), e un centro de innovación empresarial, o WestBIC (Irlanda)."

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.