Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 21 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Preto de 40 municipios prorrogan o convenio coa Deputación para o servizo de padrón municipal

O investimento da institución provincial para o servizo de implantación, uso e soporte dunha solución de padrón municipal de habitantes para os concellos ascenderá a 350.000€ e permanecerá vixente ata o 21 de febreiro de 2026

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a prórroga do convenio marco de colaboración cos concellos da provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes para a execución do servizo de implantación, uso e soporte dunha solución de padrón municipal de habitantes. O investimento global da institución provincial para este servizo ascenderá aos 350.000 € e permanecerá vixente ata o 21 de febreiro de 2026.

 

 

Na actualidade benefícianse deste servizo 37 concellos da provincia que teñen á súa disposición a implantación, uso e soporte dunha solución de padrón municipal de habitantes facilitada pola Deputación de Pontevedra. Unha solución que, ademais, lles está a supoñer novas funcionalidades e procesos automatizados, así como a integración coas súas respectivas plataformas de administración electrónica, o que facilita e axiliza a realización de trámites municipais para a cidadanía, reduce os tempos de espera e optimiza o gasto e os recursos existentes.

 

Mediante este servizo o goberno de Luis López avanza no seu obxectivo de impulsar a cooperación interadministrativa cos concellos da provincia para a prestación, neste caso, dun servizo fundamental tanto para a cidadanía como para os concellos. A cidadanía ten a obriga de inscribirse no padrón do municipio no que habitualmente reside e os concellos deben xestionar esta ferramenta a través de medios informáticos."

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.