A portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, destacou a necesidade dun enfoque multifuncional para a xestión do monte galego durante a súa visita ás instalacións de FINSA en Santiago. A líder do BNG subliñou a importancia de pechar os ciclos produtivos no sector da madeira e promover a innovación como clave para xerar produtos de maior valor engadido e combater o cambio climático.
Durante a visita, na que estivo acompañada pola alcaldesa Goretti Sanmartín, o deputado Ramón Fernández e a deputada Iria Carreira, Ana Pontón expresou a súa confianza na posibilidade de que o monte se converta nun recurso significativo para o desenvolvemento económico de Galiza. No entanto, enfatizou a necesidade dun goberno comprometido coa implementación dos cambios estruturais necesarios para acadar este obxectivo.
A líder nacionalista agradeceu ao consello directivo de FINSA pola visita, destacando a empresa como un exemplo de innovación e sustentabilidade. Pontón compartiu propostas e desafíos coa compañía, sinalando que, a pesar de que Galiza representa o 50% das cortas de madeira a nivel estatal, só contribúe con o 13% en facturación e emprego.
Ana Pontón propuxo unha ordenación multifuncional do monte como primeira medida, buscando xerar economía de escala e maior valor engadido a través da produción de madeiras de calidade. Subliñou tamén a importancia deste enfoque para enfrontar os desafíos do cambio climático, sinalando que "un monte produtivo é un monte ben conservado e máis resiliente aos incendios, ademais de ser unha fonte de desenvolvemento para o medio rural".
En segundo lugar, a líder do BNG abogou pola necesidade de desenvolver unha estratexia que promova a transformación da madeira en diferentes graos. Sinalou que non só se debe centrar na corta de madeira, senón tamén na capacidade de transformala. Neste sentido, destacou a importancia da innovación para xerar novos produtos e avanzar no deseño, apuntando ao potencial e á capacidade existente no país para levar a cabo esta transformación.
Ana Pontón concluíu, subliñando que a innovación é un elemento fundamental para facer máis resilientes os montes galegos ante os retos do cambio climático. O BNG comprométese a traballar na dirección dunha xestión máis sostible e no aproveitamento pleno do enorme patrimonio forestal de Galiza.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8