Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Lunes, 18 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación avanza en novas liñas de traballo para concorrer a fondos europeos

Os deputados Jorge Cubela, María Ramallo e Javier Tourís reuníronse co equipo de Fondos Europeos da Deputación para impulsar proxectos de emprendemento xuvenil e para facer fronte ao reto demográfico e á fenda dixital das persoas maiores

A Deputación de Pontevedra está a traballar no avance de novas liñas de traballo centradas na cooperación municipal para concorrer a convocatorias de fondos europeos. Os deputados Jorge Cubela, María Ramallo e Javier Tourís reuníronse co equipo de Fondos Europeos da Deputación para impulsar proxectos centrados no emprendemento xuvenil e para facer fronte ao reto demográfico e á fenda dixital das persoas maiores.

 

Na liña municipalista do goberno provincial, os deputados provinciais avanzaron que a cooperación cos concellos será prioritaria no marco dos novos proxectos que concorran a fondos europeos. Deste xeito, o obxectivo principal é impulsar actuacións que permitan seguir avanzando e tendendo pontes cos concellos para prestar un mellor servizo público, con infraestruturas e dotacións públicas avanzadas, encamiñadas a mellorar a calidade de vida da veciñanza da provincia.

 

Os proxectos irán, ademais, en liña co impulso do goberno provincial do emprendemento xuvenil e na xeración de oportunidades para a mocidade no territorio. Deste xeito, tamén se pretende facer fronte ao despoboamento do rural, con propostas dirixidas ao autoemprego e á promoción económica en concellos de reto demográfico.

 

Finalmente, outra das liñas de traballo na que está a avanzar a Deputación de Pontevedra para concorrer a fondos europeos atópase a formación en novas tecnoloxías principalmente dirixida a persoas maiores. O obxectivo e rachar coa fenda dixital que dificulta a súa participación e vinculación e facilitar as ferramentas e recursos precisos para que se sintan participes do novo escenario dixital.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.