Miércoles, 17 de Junio de 2026

Actualizada Miércoles, 17 de Junio de 2026 a las 20:09:04 horas

Redacción / Xornal21.es
Martes, 19 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
Mos

O Concello de Mos actúa fronte aos cortes eléctricos de Unión Fenosa Distribución

Dende o Concello de Mos, a través da  alcaldesa Nidia Arévalo e o segundo tenente de alcaldesa e voceiro do grupo de goberno, Leo Costas, veñen de anunciar medidas fronte aos persistentes cortes eléctricos que afectan a diversas parroquias do concello debido á deficiente xestión de Unión Fenosa (UFD) nas obras de mellora da rede eléctrica.

 

 

Hoxe, Arévalo e Costas presentaron unha moción rexistrada para o vindeiro Pleno da Corporación Municipal, que terá lugar o día 26 deste mes. A moción ten como obxectivo abordar a problemática dos continuos fallos e cortes no subministro eléctrico, resultantes das obras de mellora levadas a cabo por UFD en diferentes puntos do concello de Mos.

 

[Img #85848]

 

Os representantes municipais sinalaron que os incidentes afectan gravemente á veciñanza de parroquias como Mos, Guizán, Torroso, Dornelas e Pereiras. Os veciños sufriron cortes reiterados no subministro eléctrico, así como incidencias periódicas derivadas das obras ou deficiencias na liña eléctrica, dificultando as súas actividades diarias e afectando a súa calidade de vida.

 

Como resposta á situación, o Concello de Mos pon á disposición dos afectados un servizo para notificar incidencias e presentar queixas relacionadas cos cortes eléctricos. Os afectados poden comunicarse a través do teléfono 986 09 70 37 ou enviar un correo electrónico a afectadosUFD@concellomos.es. Ademais, instan á veciñanza a reclamar directamente no departamento de Atención ao Cliente de UFD (900.333.999).

 

[Img #85849]

 

A problemática non só afecta a particulares, senón tamén a negocios que se ven obrigados a pechar as súas portas debido á falta de servizo eléctrico, causando danos materiais e perxuízos económicos. Empresas e particulares sofren dano en equipos electrónicos, pérdida de alimentos conxelados e outros danos colaterais.

 

A alcaldesa e o voceiro do grupo de goberno lamentaron a falta de resposta de UFD ás peticións realizadas pola concellería mosense de Eficiencia Enerxética. Denunciaron a insostible situación de cortes diarios sen solución aparente, urxindo a Unión Fenosa a resolver a problemática de inmediato.

 

A moción presentada busca esixir a UFD o restablecemento inmediato da normalidade no subministro eléctrico, así como a implementación de medidas e garantías para evitar futuros cortes durante as obras de mellora. Ademais, insta a UFD a facerse cargo dos desperfectos materiais en vivendas e empresas, así como das indemnizacións polas perdas nos comercios afectados polos cortes de subministro.

 

Con estas medidas, o Concello de Mos busca garantir o benestar da súa veciñanza e instar a Unión Fenosa a asumir as súas responsabilidades na mellora da rede eléctrica do concello.

 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.145

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.