Jueves, 18 de Junio de 2026

Actualizada Miércoles, 17 de Junio de 2026 a las 20:09:04 horas

Xornal21.es
Martes, 19 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Nadal, música e ilusión chegan da man aos colexios de Mos

O Concello leva aos centros educativos mosenses a “O Trasno de Mos” e o Elfo Timoteo de Papá Noel como antesala das festas navideñas para a cativada do municipio

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, participaron no CEIP de Atín-Cela na actividade do conto musical de Nadal, promovida desde o Concello e impartida pola Escola de Música e Conservatorio Profesional de Torroso, titulada “O Trasno de Mos”.

 

Como colofón final, esta iniciativa conta coa visita do Elfo Timoteo, que lle leva ao alumnado unha mensaxe de parte de Papá Noel: “Que nunca perdan a ilusión pola maxia do Nadal”.  A cativada puido entregarlle ao Elfo Timoteo as súas cartas dirixidas a Papá Noel, que el recolleu e se encargará de entegarlle ao seu destinatario.

 

No conto musical “O Trasno de Mos”, o profesorado da Escola de Música e Conservatorio Profesional de Torroso pon animación musical co sonido da trompeta, trompa, saxofón, fagot e percusión a unha xornada na que o protagonismo o gañará o alumnado, cun narrador que transforma a historia nunha experiencia inmersiva.

 

O Trasno de Mos é unha historia inspirada no conto da autora Astrid Lindgren, “O gnomo non dorme”. Este conto, narra a vida dunha criatura fantástica que ten a súa actividade polas noites, cando os seres humanos están descansando.

 

No relato orixinal, o protagonista comunicase cos habitantes do bosque a través dunha lingua máxica, que neste caso como non podería ser doutro xeito é a música. Ademais, esta personaxe entrañable ten un trato de favor cara as rapazas e rapaces, que a través de tradicionais e coñecidas panxoliñas, poden ter contacto co misterioso amigo.

 

Canción, ritmo e movemento conxúganse nesta representación que abre apetito de fantasía, misterio e maxia. Unha experiencia perfecta para abrir as datas do Nadal.

 

A actividade desenvólvese nos diferentes centros educativos de Mos desde onte 18 de decembro e ata o día 21 deste mes. Onte luns día 18 levouse a cabo nos CEIPS de Atín-Cela e Mestre Valverde Mayo. Hoxe impartiuse nos Colexios de Pena de Francia e Petelos e o xoves 21 de decembro terá lugar no CEIP Mestre Martínez Alonso.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.145

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.