MOS
Rematada a terceira fase de escavacións do Castro de Pereiras
Visitou os traballos xefe do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que subvencionou os devanditos labores
O xefe do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Roberto Pena, acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro mosense de Patrimonio e da parroquia de Pereiras, Leo Costas, e representantes da Comunidade de Montes de Pereiras visitaron os xa rematados traballos da terceira fase de escavacións do Castro de Pereiras
Terceira fase que forma parte do proceso de consolidación arqueolóxica do devandito xacemento e que ten un orzamento que ascende a 17.950,00 € (IVE incluído).
Os labores foron realizados pola mesma empresa adicada á arqueoloxía que asumiu as dúas fases anteriores, Tempos Arqueólogos, e financiados pola consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
A empresa contratada realizou traballos de escavación arqueolóxica e consolidación do Castro de Pereiras. En concreto, os traballos a realizar foron os seguintes: Redacción dun proxecto arqueolóxico para a súa autorización por parte da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Limpeza e roza, baixo control arqueolóxico, da vexetación da zona de actuación e a súa contorna máis inmediata, isto é, a parcela de actuación e acceso á mesma.
Realización de 2 sondaxes arqueolóxicas:
Sector 1000: sondaxe duns 40 m2 sita no ángulo sueste do castro, en concreto, a carón do sector escavado en campañas anteriores, co fin de documentar a totalidade da cabana rectangular localizada de maneira parcial no ano 2022. Esta actuación permitiría ampliar á area escavada a aproximadamente uns 150 m2, tendo a vista de maneira completa as dúas cabanas castrexas. Sector 5000: realización dunha sondaxe duns 10 m2 na zona norte do xacemento, onde se sitúa un afloramento con marcas de extracción, co fin de comprobar a existencia de estruturas.
Dentro dos traballos realizados tamén se fixo unha diagnose, consolidación e acondicionamento das estruturas arqueolóxicas que se localicen nesta campaña, garantido en todo caso unhas condicións de conservación axeitadas para a súa visita. Levantamento topográfico xeorreferenciado, mediante fotogrametría 3D, da área de actuación e debuxo arqueolóxico das estruturas exhumadas. Documentación exhaustiva fotográfica da escavación arqueolóxica. Incluída a realización de vídeo e fotografía aérea con tomas xerais do xacemento e de detalle dos seus elementos máis significativos e da área de actuación. Accións de difusión da actuación realizada (charlas, visitas...) e sobre os valores propios do xacemento arqueolóxico na comunidade local. E elaboración dunha memoria técnica na que se recollen os traballos realizados e os seus resultados.
O prazo de execución foi de 4 meses (incluída a entrega da memoria técnica).
Sobre o Castro
O Castro de Pereiras sitúase na parroquia de San Miguel de Pereiras, nas proximidades da igrexa parroquial. A nivel de protección, este xacemento arqueolóxico ten a consideración de ben catalogado do patrimonio cultural de Galicia.
Trátase dun poboado fortificado da Idade do Ferro que conserva a súa estrutura defensiva. Presenta forma circular e está rodeado por un ancho e profundo foso. A croa, tamén circular presenta unhas dimensións de 100 metros no eixe E-W e 75 metros no N-S, con socalcos interiores.
En setembro do ano 2021 realizouse unha campaña de escavación arqueolóxica dirixida a valorar a potencialidade arqueolóxica do dito xacemento e que permitiu exhumar parte dunha cabana castrexa circular.
No ano 2022 levouse a cabo unha segunda campaña arqueolóxica que implicou a exhumación completa da cabana circular localizada na campaña do ano anterior. Esta actividade completouse coa súa posterior consolidación, permitindo que dita cabana poda ser visitada na actualidade.
Na mesma campaña e ao carón da cabana circular documentouse parte dunha segunda cabana, neste caso de planta cadrada ou rectangular, que ten continuidade fóra do ámbito de actuación da campaña arqueolóxica do ano 2022.
Tendo en conta os valores culturais que posúe o Castro de Pereiras, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural considerou necesario continuar neste ano 2023 cos traballos de escavación arqueolóxica que permitan documentar a totalidade da estrutura de planta cadrada/rectangular identificada parcialmente na campaña 2022, así como levar a cabo os traballos de conservación e consolidación das estruturas exhumadas co fin de contribuír ao coñecemento e posta en valor deste xacemento arqueolóxico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.145