GALICIA
Rueda prorrogará a bonificación no transporte público autonómico con independencia do desconto estatal
O presidente do Goberno galego respondeu as preguntas dos grupos parlamentarios no Pleno do Parlamento de Galicia
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Executivo autonómico vai prorrogar en 2024 o desconto do 50 % das bonificacións dos autobuses autonómicos, “con independencia” de que o Goberno central manteña o desconto estatal no vindeiro ano.
“Con independencia de que o Goberno central axude ou non axude, a xente non pode seguir esperando”, argumentou o mandatario galego sobre a necesidade desta medida que anunciou no Pleno do Parlamento galego e que defendeu por inscribirse dentro das actuacións do Executivo autonómico que “lle resolven a vida á xente”.
Rueda recriminoulle ao Executivo central que, a piques de rematar o ano, os galegos e galegas descoñezan se van pode seguir desfrutando das bonificacións do transporte por estrada, urbano e interurbano. En todo caso, salientou que grazas á “estabilidade e a eficacia” de ter uns Orzamentos autonómicos aprobados en tempo e forma para a súa entrada en vigor o 1 de xaneiro de 2024, a Xunta pode “suplir as lagoas” do Goberno estatal e prorrogar este desconto do 50 % que vén aplicando desde o 1 de setembro de 2022.
Estes descontos teñen beneficiado 23 millóns de viaxes, estimándose que este número roldará os 27 millóns o final de ano, beneficiando a máis do 77 % dos viaxeiros do transporte público de Galicia. A bonificación aplícase tamén ao transporte da ría de Vigo, que comunica a cidade olívica cos concellos de Cangas e de Moaña; así como no ferrocarril na área de Ferrol, ao formar parte do Plan de transporte metropolitano. O desconto abrangue, ademais, os servizo urbanos de Ferrol e de Pontevedra, cidades onde o transporte público se realiza a través de concesións autonómicas.
Proxecto de lei de recursos naturais de Galicia
“Imos seguir traballando con orde e sentidiño para seguir sendo esta illa estabilidade”, adiantou Rueda sobre as intencións do Goberno galego, tras aprobación dos Orzamentos de 2024. Precisamente, puxo en valor que mañá mesmo o Consello da Xunta vai aprobar o Proxecto de lei de recursos naturais de Galicia.
O presidente da Xunta defendeu esta normativa para que os galegos e galegas se poidan beneficiar no seu propio territorio dos beneficios da produción das enerxías renovables, xa que o que procura a normativa é aproveitar a abundancia dos recursos naturais de Galicia para reter na Comunidade o beneficio ambiental económico e social dos proxectos que impliquen a produción de enerxía renovable e as concesións de augas e minaría.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8