Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Martes, 26 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Nigrán obtén obten luz verde ao Plan de sostibilidade ambiental do PXOM

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda notificou ao Concello a súa consideración, que será agora publicada no DOG. Atrás quedan 10 anos (2013-2023) para conquerir a totalidade dos 26 informes sectoriais favorables

O Concello de Nigrán está xa oficialmente “autorizado” para poder aprobar provisionalmente o PXOM. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda abríu esta porta ao notificar oficialmente que o plan é “ambientalmente viable” tras ter estudado durante os pasados meses a devandita memoria. A resolución será tamén publicada no DOG. Atrás quedan 10 anos (2013-2023)  para conquerir a totalidade dos 26 informes sectoriais favorables, sendo especialmente traballoso o da Axencia Galega de Infraestruturas ao ter eliminado este goberno o vial que tronchaba Nigrán desde A Xunqueira ata Saiáns ou ter equilibrado a desigualdade urbanística entre a costa e as parroquias.

 

 

“É a mellor noticia posible para pechar o ano, agora si que podemos garantir que no 2024 Nigrán será un dos poucos municipios de Galicia en contar cun PXOM aprobado”, sinala o alcalde, Juan González, quen considera a actual realidade un “fito histórico” tras  anos de traballo, reunións técnicas e políticas. “Isto é o froito da cautela e o consenso entre as dúas administracións implicadas, Xunta e Concello, para non vender promesas nin fume, e aquí temos o resultado”. Agora, tras ter presentado en todas as parroquias o PXOM, telo pendurado na web municipal e a disposición da veciñanza en Urbanismo e convocar o Consello Sectorial o mes pasado, o equipo redactor corrixirá os erros detectados e o refundirá nun único listo para levalo a Pleno cara a súa Aprobación Provisional. Igualmente, antes xa da Aprobación Definitiva (paso final) a Consellería de Medio Ambiente sinala que se deben introducir correccións concretas no documento como facer referencia á píllara das dunas no seu hábitat ou escribir os códigos de identificación en determinados planos ou actualizar o documento conforme ao novo plan hidrolóxico. “Trataremos de  levalo a Aprobación Provisional no primeiro semestre de 2024 pero sen que as presas condicionen a solvencia absoluta do documento, se agardamos por o PXOM 23 anos non podemos comprometer agora a súa minuciosidade e garantía”.

 

Tal e como a propia notificación recolle, a superficie que destina o PXOM ao sistema xeral de espazos libres ou zonas verdes é de 403.186 m² dos cales 181.384 m2 corresponden a superficie que se prevé obter; a equipamentos destínanse 277.034 m² (44.416 m2 sería novos); non se contemplan novas áreas empresariais e a capacidade residencial é de 5.758 novas vivendas  das que se podería derivar unha oferta real de 3.988 (cifra que coincidiría practicamente coa demanda previsible de cara ao hourizonte 2039).

 

“Teremos un PXOM fiel ao noso lema ‘Nigrán, equilibrio natural’. Con este documento protexemos o noso patrimonio natural apostando por un crecemento sostible que preserve a nosa esencia ao tempo que se lle outorga á veciñanza unha garantía de futuro”, sinala González, quen indica que se traballou moito para corrixir totalmente a discriminación social e ambiental plantexada no 2010 e que supuña “o sobredesenvolvemento urbanístico na costa fronte as grandes limitacións nas parroquias do interior”.

 

Máis dunha década de traballo
A finais de 2010 o Concello de Nigrán iniciou a tramitación do PXOM co obxectivo de dar relevo ás normas subsidiarias de planeamento que rexen desde 1991 e que foron modificadas puntualmente, a derradeira de elas hai 3 anos por este goberno. Nesta fase de exposición pública do ‘Avance do PXOM’ a cidadanía formulou 405 suxestións. A continuación, a aprobación inicial prodúxose o 14 de xuño de 2013 e no seu trámite de información pública durante o prazo de 2 meses recolléronse 1.397 alegacións respondidas unha a unha. “Desde 2013 a 2023 o traballo non cesou en absoluto, todo o contrario. Non chegamos a este momento da nada”, explica González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.