GALICIA
A Xunta axudará á xuventude con entre os 400 e 1.300 euros para o carné de conducir
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delgado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou unha autoescola en Santiago
A Xunta publicará o vindeiro mes de xaneiro unha nova orde de axudas para adquirir o carné de conducir. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou nesta semana unha autoescola en Santiago, onde informou sobre esta nova convocatoria.
A nova convocatoria está dotada de 800.000 euros, un 14% máis que nas anteriores edicións, e permitirá apoiar á mocidade na adquisición do permiso de conducir de coche, camión e autobús. Unhas axudas que oscilan entre os 400 e 1.300 euros e que permitiu apoiar a máis de 5.300 mozos de entre 18 e 30 anos durante as tres últimas edicións.
O prazo para solicitar estas axudas abrirá logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, o vindeiro mes de xaneiro, e permanecerá aberto ata o 30 de setembro. Os requisitos para acceder a estas axudas serán estar empadroado en Galicia e ter 30 ou menos anos.
Apoio á xuventude
A conselleira lembrou que o Goberno galego apoia á mocidade galega para emprender o seu proxecto de vida, gañar en autonomía e mellorar a súa empregabilidade. Neste sentido, fixo fincapé naqueles programas e iniciativas impulsadas con este cometido como o Xuventude Mentoring, o Xuventude Mentoring na empresa ou o Carné Xove que ofrece vantaxes e descontos a mocidade para formarse, viaxar e desfrutar desta etapa vital.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8