Viernes, 24 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Martes, 26 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

“Pequeno circo de Nadal” chega este martes a Salceda de Caselas

A función, con entrada libre ata completar aforo, terá lugar na Praza do Concello da vila a partir das 18:00 horas

O Praza do Concello de Salceda de Caselas será escenario este martes, 26 de decembro, da actuación de Nelson Quinteiro Producciones, que porá en escena a obra “Pequeno circo de Nadal” no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A función dará comezo ás 18:00 horas e a entrada será libre ata completar o aforo.

 

Protagonizado por elfos e elfas de Papá Noel, “Pequeno circo de Nadal” é un espectáculo de cabaret cos contos propios destas datas, coreografías, circo e panxoliñas, cuxa escenografía recrea un poboado. A función irá acompañada dunha banda sonora creada a partir de temas recoñecidos como “Joy to the World”, “Let's Snow”, “It’s the Most Wonderful Time of the Year” ou “It's Christmas”, xunto coas tradicionais panxoliñas.

 

Co ciclo teatral “Tornar ás Táboas” a Deputación de Pontevedra está a achegar, dende outubro e ata finais deste mes, un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Participan neste programa provincial trinta compañías de teatro galegas que están a ofrecer por toda a xeografía de Pontevedra unha ampla variedade de espectáculos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.