GALICIA
A Xunta sumou case 20.000 visitas ao seu visor dixital a paisaxe de Galicia desde a bicicleta
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presidiu recentemente o Consello Asesor da Paisaxe, reunido para ratificar as actuacións de 2023
A Xunta de Galicia, a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET), emitiu o ano pasado un total de 1.186 informes en materia paisaxística, unha intensa actividade neste eido que reflicte o traballo e o esforzo realizado polo organismo autonómico encargado de velar pola posta en valor e a protección da paisaxe galega nas súas diferentes formas.
Así o destacou esta semana a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante o Consello Asesor da Paisaxe, órgano creado en 2019 para analizar e orientar as políticas sectoriais da Xunta e que como cada ano por estas datas se reuniu para ratificar o informe de actuacións desenvolvidas en 2023 nesta materia e avanzar os principais proxectos de cara ao próximo exercicio.
Ao respecto, a responsable autonómica salientou que foi un ano “clave” no eido paisaxístico, subliñando a modo de exemplo a intensa actividade realizada polo IET, que se plasmou na emisión de 1.186 informes, solicitados principalmente no marco dos procedementos de avaliación ambiental de diferentes tipos de iniciativas (381).
![[Img #85946]](https://xornal21.com/upload/images/12_2023/1762_231222-avm-consello-asesor-paisaxe.jpg)
Neste sentido, tamén se referiu ao visor dixital A paisaxe de Galicia desde a bicicleta, presentado a finais de 2022 e que se consolidou ao longo de 2023 como unha das ferramentas interactivas do IET máis consultadas. En concreto, no seu primeiro ano operativo, indicou que o visor recibiu 19.536 visitas, tivo máis de 6.300 usuarios frecuentes e rexistrou case 1.100 descargas. Ademais, segundo avanzou a vicepresidenta, a intención é incorporar novas rutas para completar as 52 dispoñibles actualmente.
De igual xeito e no marco da aposta do Goberno galego nos últimos anos polo fermosismo, Vázquez Mejuto indicou que a terceira convocatoria das axudas do IET para a corrección de impactos paisaxísticos en edificios, equipamentos, vivendas e outro tipo de construcións, públicas e privadas, saldouse o ano pasado con 48 entidades locais e 352 familias beneficiarias.
A partir do 15 de xaneiro abrirase unha nova convocatoria, a cuarta xa, dotada cun orzamento global de 2 millóns de euros, 1 millón para a liña dirixida a concellos e 1 millón para as axudas destinadas a propietarios particulares.
Neste 2023 tamén se convocou o galardón bandeira verde, cun total de 18 municipios galegos premiados, e o IET publicou —en papel e en formato dixital— tres novas guías de boas prácticas para facilitar a integración paisaxística dos sistemas de conterización de residuos municipais, das áreas empresariais e dos portos de Galicia.
Próximos retos e proxectos
Entre as principais novidades nas que traballa o departamento autonómico para seguir avanzando na protección e na ordenación da paisaxe, a vicepresidenta incidiu en que a Xunta quere consolidar ao longo de 2023 os avances e iniciativas que xa ten en marcha ao tempo que apostará por outros plans e liñas de actuación novidosas.
Con relación aos novos retos, un dos fitos que marcarán 2024 será a aprobación da Estratexia galega de infraestrutura verde e da conectividade e a restauración ecolóxica de Galicia, un documento clave neste eido.
En canto ás iniciativas do IET ás que se lle dará continuidade, subliñou a participación de Galicia en dous proxectos europeos relacionados co impulso das infraestruturas verdes: o Green Gap, en colaboración con Portugal, e o GIFT (Green infraestructure for forest and trees), enmarcado no programa Interreg Europe.
Con relación ao primeiro, cómpre destacar que entre as actuacións concretas a executar destaca a elaboración dun Plan da paisaxe no territorio transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, o primeiro instrumento deste tipo no que participa a Comunidade e cuxo obxectivo será potenciar os valores paisaxísticos característicos do Esteiro do Miño.
Colección Paisaxe Galega
Así mesmo, tamén está previsto darlle continuidade á Colección Paisaxe Galega do IET, que engloba ata o momento un total de 15 volumes e o visor dixital das bicicletas que teñen como fío condutor axudar a divulgar os valores paisaxísticos da Comunidade entre administracións públicas, colectivos profesionais e cidadanía en xeral.
O obxectivo é que nos vindeiros meses se sumen á mesma dúas novas guías de boas prácticas —a de terrazas nos espazos públicos e a de integración de servizos xerais en áreas de lecer— ao tempo que está prevista a actualización da Guía de estudos de impacto e integración paisaxística.
Ademais e tamén no marco desta mesma colección, cómpre destacar a elaboración por parte do IET dun estudo para a análise da ordenación do territorio baixo os efectos do cambio climático, co que se buscará obter unha metodoloxía para que os distintos instrumentos de ordenación do territorio e do urbanismo legalmente previstos integren a variable do posible impacto deste fenómeno a nivel global.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8