A Xunta de Galicia ten previsto lanzar en xaneiro unha nova orde de axudas destinadas a facilitar a adquisición do carné de conducir.
A nova convocatoria contará cun orzamento de 800.000 euros, un 14% máis que en anteriores edicións, e estará destinada a respaldar á mocidade na obtención do permiso de conducir para coche, camión e autobús. Estas axudas, que oscilarán entre os 400 e os 1.300 euros, beneficiaron a máis de 5.300 mozos de entre 18 e 30 anos nas tres últimas edicións.
O prazo para solicitar estas axudas abrirase despois da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, o próximo mes de xaneiro, e permanecerá aberto ata o 30 de setembro. Os requisitos para acceder a estas axudas serán estar empadroado en Galicia, non estar traballando e ter 30 anos ou menos.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60