Jueves, 18 de Junio de 2026

Actualizada Jueves, 18 de Junio de 2026 a las 12:16:10 horas

Redacción / Xornal21.es
Martes, 26 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
Mos

Toda a corporación de Mos denuncia a deficiente xestión de Unión Fenosa Distribución

Na última sesión plenaria do ano 2023, a Corporación Municipal de Mos expresou de maneira unánime o seu rexeitamento á deficiente xestión levada a cabo por Unión Fenosa nas obras de mellora da rede eléctrica no concello.

 

A moción presentada polo grupo de goberno foi respaldada por todos os membros do Pleno, quen expresaron a súa preocupación polas continuas avarías e fallos no subministro eléctrico que afectaron diversas parroquias, especialmente Mos, Guizán, Torroso, Dornelas e Pereiras. Estes problemas interromperon a vida diaria dos veciños, causando cortes periódicos no subministro eléctrico e incidencias que complicaron a realización das súas tarefas cotiás.

 

Os incidentes, derivados da actuación de mellora de liña levada a cabo por Unión Fenosa, provocaron numerosos danos tanto nos fogares particulares como nos negocios locais. Empresas vironse obrigadas a pechar temporariamente as súas portas, sufrindo perdas materiais e económicas. A afectación estendeuse tamén a particulares, con equipos eléctricos e electrónicos averiados, así como a perda de alimentos conxelados en datas próximas ás festividades de Nadal.

 

Fronte a esta situación insostible, o Concello de Mos decidiu poñer en marcha un servizo de atención persoal no departamento Municipal de Medio Ambiente. Este servizo permite á veciñanza notificar averías e presentar queixas relacionadas coa deficiente xestión de Unión Fenosa. As incidencias rexistradas serán trasladadas á empresa co obxectivo de buscar solucións rápidas e eficaces.

 

O Concello tamén habilitou un número de teléfono (986 09 70 37) e un correo electrónico (afectadosUFD@concellomos.es) para facilitar a comunicación dos afectados. Ademais, anima a aqueles que o desexen a presentar as súas reclamacións directamente no departamento de Atención ao Cliente de Unión Fenosa.

 

Con esta moción, a Corporación Municipal de Mos esixe a Unión Fenosa o inmediato restablecemento da normalidade no subministro eléctrico ás familias e empresas do concello. Solicita tamén a implementación de medidas e garantías para evitar situacións semellantes durante futuras obras de mellora da liña eléctrica. Ademais, insta a Unión Fenosa a asumir a responsabilidade polos desperfectos materiais en vivendas particulares e empresas, así como pola compensación das perdas sufridas polos comercios afectados polos cortes de subministro.

 

O Concello de Mos lamenta a falta de resposta por parte de Unión Fenosa ás múltiples peticións realizadas dende a concellería mosense de Eficiencia Enerxética e agarda unha pronta solución para evitar máis agravios á veciñanza e aos negocios locais.


 

Canles de Reclamación:

 

Ante esta situación, os afectados dispoñen de diversas vías para presentar as súas reclamacións:

 

  • Concello de Mos: O Concello tramitará as queixas á compañía. Os afectados poden denunciar deficiencias do servizo eléctrico chamando ao teléfono 986 09 70 37 ou enviando un correo electrónico a afectadosUFD@concellomos.es.

 

  • Servizo de Atención ao Cliente de UFD: A compañía ofrece canles específicos para atender avarías (900.333.999) e consultas xerais (900.111.999). Ademais, pódese utilizar o formulario de contacto na súa páxina web: Formulario de contacto de UFD.

 

  • Instituto Galego de Consumo: Os afectados tamén poden dirixirse ao Instituto Galego de Consumo, cuxos detalles atópanse na súa páxina web: Instituto Galego de Consumo. Tamén se pode chamar ao teléfono: 900 23 11 23.

 

¿É Posible Reclamar por un Corte de Luz? SI

 

Todas as persoas que sufran cortes de luz superiores a 3 minutos por circunstancias alleas poderán reclamar á distribuidora unha indemnización en forma de compensación económica.

 

En caso de cortes programados, as distribuidoras deben enviar un aviso con un mínimo de 24 horas de antelación, especificando hora, día e lugares afectados polo corte de luz.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.183

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.