Jueves, 18 de Junio de 2026

Actualizada Jueves, 18 de Junio de 2026 a las 12:16:10 horas

Xornal21.es
Jueves, 28 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Unha das urólogas do CHUVI con acreditación europea de excelencia é mosense

Sheila Almuster, da parroquia de Tameiga, foi homenaxeada polo logro no seu Concello natal

Esta  semana celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a recepción á mosense Sheila Almuster Domínguez, médica mosense da parroquia de Tameiga e uróloga do Hospital Álvaro Cunqueiro.


O motivo do recibimento foi felicitala polo seu recente logro da certificación do Board Europeo de Uroloxía, acreditación europea de excelencia que logrou tras superar dous exames na cidade de Leuven (Bélxica).


Os outros 2 facultativos especialistas do Servizo de Uroloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro que lograron esta certificación xunto con Sheila foron: Sabela López García, e Miguel Pérez Schoch.


Esta certificación outórgaa o Fellow of European Board of Urology.


O European Board of Urology é unha certificación de calidade que garante que os aspirantes cumpran cos requisitos educativos, prácticos e de revisión establecidos pola sección de Uroloxía da Unión Europea de Médicos Especialistas. É dicir, permite acreditar que os coñecementos do aspirante alcanzan o estándar europeo.


Trátase dun prestixioso recoñecemento a nivel europeo, que certifica a adecuada formación que reciben os urólogos en Europa e un selo de calidade para os profesionais que a conseguen.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.183

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.