PONTEAREAS
Ponteareas premia a creatividade dos comerciantes na decoración dos escaparates do nadal
O edil de Comercio, Ricardo González, entregou os galardóns aos tres primeiros postos do concurso
O Concello de Ponteareas premia a comercios da vila pola súa creatividade á hora de deseñar a decoración de Nadal nos seus escaparates. O concelleiro da área, Ricardo González, fixo entrega dos galardóns aos tres negocios locais que acadaron o recoñecemento do xurado.
O gañador deste concurso que puxo en marcha a concellería de Comercio foi a Floristería La Primavera e a proposta de deseño de Óptica Alemana acadou o segundo posto. Pola súa banda, a decoración da tenda Bazar Romero conseguiu o terceiro lugar. Na iniciativa do Concello, participaron diferentes negocios locais que, mediante a súa creatividade, contribuíron a galonar a vila con motivos do Nadal.
Neste sentido, González apuntou que “agradecemos aos comercios locais que se sumen ás propostas do Concello que buscan dinamizar a vila e fomentar as compras no municipio” e incidiu en que “os vosos deseños son unha mostra do talento e da capacidade cos que contamos”.
O edil de Comercio fixo entrega dos premios aos propietarios e ás propietarias dos negocios que conseguiron acadar o primeiro, segundo e terceiro posto no concurso. Desfrutarán de diferentes bonos con servizos como acceso ao spa, masaxes ou unha noite de hotel no Balneario de Mondariz.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149