Miércoles, 04 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 04 de Marzo de 2026 a las 13:49:50 horas

Xornal21.es
Viernes, 29 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Conselleira Emprego reúnese co alcalde do Porriño para avanzar en programas de formación

Rivo sinala a importancia da colaboración institucional para seguir a mellorar os servizos que se ofrecen ás persoas demandantes de emprego

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, mantivo esta semana unha xuntanza co alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, na que abordaron os programas en materia de emprego que se desenvolven na localidade pontevedresa a través da colaboración que neste eido manteñen as dúas administracións.

 


A reunión, en palabras de Rivo, tivo como obxectivo principal seguir a avanzar na importancia de ofrecer ás persoas sen emprego unha formación axustada ás demandas do tecido empresarial. Para a conselleira, nestes momentos, é clave dar resposta ás 15.000 vacantes laborais que continúan a existir en diversos sectores económicos e, por iso, avaliou co alcalde as ferramentas que están en marcha para dotar á poboación galega de formación de calidade.


Na xuntanza abordouse, así mesmo, a optimización dos servizos de busca de emprego porque, tal e como sinalou Rivo, é esencial identificar as necesidades do mercado de traballo en tempo real e de adaptar a formación e os itinerarios formativos a ditas necesidades, axustando de xeito áxil e de maneira máis efectiva os perfís coas candidaturas.


A conselleira explicou, para rematar, que a Consellería está nun proceso de escoita para poder reforzar a colaboración entre as administracións para que as persoas que xa están traballando, como as que buscan emprego, continúen formándose para o seu perfecto encaixe no mercado laboral. Neste senso, indicou que as formacións de curta duración e flexibles están dirixidas a persoas ocupadas e desempregadas, en liña co sistema de microcredenciais polo que aposta Europa para actualizar coñecementos de xéito áxil.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.