Jueves, 18 de Junio de 2026

Actualizada Jueves, 18 de Junio de 2026 a las 20:32:41 horas

Xornal21.es
Viernes, 29 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Mos traza un horizonte verde con plans medioambientais para o 2024

A alcaldesa expónlle ao Conselleiro varias iniciativas para o novo ano, entre os que destaca un Centro de Interpretación en Alfacuca

A alcaldesa de Mos Nidia Arévalo, reuniuse esta semana na delegación territorial da Xunta de Galicia en Vigo, co Conselleiro de Medio Rural, José González, co que tratou temas de interese para o municipio mosense, a desenvolver durante o vindeiro ano 2024.

 


Neste senso a rexedora local destacou dous proxectos de especial importancia sobre todo a nivel medioambiental como son a creación dun Centro de Interpretación da Natureza e Ambiental na Aldea Alfacuca en Louredo e unha gran iniciativa de conmemoración do Día da Árbore.


O Centro de Interpretación de Alfacuca contaría para a súa xestión con profesionais contratados, concretamente educadores ambientais, encargados de informar e desenvolver actividades educativas e de ocio orientadas aos veciños e escolares da comarca.


Iniciativas que pretenden ofrecer ao visitante un mellor coñecemento e disfrute dos valores naturais que alberga esta contorna e o seu patrimonio etnográfico, ao tratarse dunha aldea senlleira, e tradicional galega.
Así mesmo, neste espazo promóvense actividades de formación forestal e agricultura ecolóxica, co fin de impulsar o coñecemento e a relación dos usuarios co entorno natural.


Por outra banda, Arévalo solicitoulle a González apoio para desenvolver unha iniciativa didáctica coa comunidade escolar mosense (colexios e instituto) conmemorativa do Día Mundial da Árbore que inclúa, entre as accións programadas, unha prantación masiva de árbores con centos de exemplares de especies autóctonas.


Outros temas tradados a maiores foron a contratación de persoal das brigadas forestais e necesidades en materia de maquinaria tamén para as tarefas de prevención e extinción de incendios, e, por último o interese de cara ao acondicionamento e mellora dos servizos municipais de infraestruturas viarias, mediante a pavimentación de varios camiños públicos municipais rurais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.183

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.