Galicia
Alfonso Rueda invita a subirse ao autobús de 'Galicia non para!'
O Partido Popular de Galicia pon unha nota de humor no seu vídeo de Nadal cun protagonista moi especial: o presidente Alfonso Rueda, quen se puxo ao volante do emblemático autobús de 'Galicia non para!' para envolver a todos os galegos e galegas nun proxecto onde todos teñen cabida.
Ao longo do vídeo, Rueda percorre toda Galicia, desde as áreas interiores ata a costa, recollendo un variado elenco de personaxes: xente maior, moza, cativada, os famosos 'Mozos de Arousa' do concurso televisivo 'Reacción en cadea', os membros de El Combo Dominicano e mesmo un curioso 'Puigdemont' que fai autostop no seu camiño cara a Moncloa.
Un dos clásicos deste vídeo de Nadal é o cameo do presidente de honra do PPdeG, Mariano Rajoy, que se atopou co presidente Rueda mentres camiñaba e o saudou cun entusiasta "Galicia Rueda!". Ademais, tamén fan acto de presenza o presidente nacional, Alberto Núñez Feijóo, e referencias a expresións que marcaron o curso político.
Entre as aparicións, destacan a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e os catro presidentes provinciais do partido: Diego Calvo (A Coruña), Elena Candia (Lugo), Luis López (Pontevedra) e Luis Menor (Ourense), que se suma ao elenco por primeira vez. Todos, xunto a Alfonso Rueda, desexan aos galegos unhas festas felices e un 2024 cheo de éxitos.
O presidente do PPdeG mostra unha faceta máis familiar ao compartir escena coas súas fillas, ás cales transmite o seu desexo de Nadal: "Este ano pido un autobús tan grande como Galicia, no que caibamos todos. Porque Galicia non para e neste Nadal tampouco".
Os populares galegos capitalizan o éxito do autobús, lanzado nos últimos meses co obxectivo de permitir a Rueda manter un contacto directo cos galegos e galegas, profundizando nas súas preocupacións reais. Este obxectivo tamén se reflicte na páxina web rueda.gal, onde os cidadáns poden compartir as súas inquietudes, recoñecementos e propostas directamente co presidente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60