GALICIA
A Xunta manterá o desconto nos autobuses autonómicos, no transporte da Ría de Vigo e no Ferrol
O Diario Oficial de Galicia publicou a orde que permite continuar con estas bonificacións no transporte público autonómico a partir de xaneiro
A Xunta manterá a partir do vindeiro deste 1 de xaneiro o desconto do 50% nos autobuses autonómicos, no transporte da ría de Vigo e no tren na área de Ferrol.
O Diario Oficial de Galicia publicana o pasado xoves a orde que permite continuar con estas bonificacións do 50% no transporte público autonómico, que se aplicará sobre as tarifas dos bonos multiviaxe e das tarxetas de Mobilidade de Galicia: TMG e Xente Nova.
A orde regula o establecemento dunha minoración adicional e temporal nas tarifas bonificadas de aplicación no transporte público interurbano da competencia da Xunta. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar esta información:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231228/AnuncioG0533-221223-0001_gl.html
O Consello da Xunta xa adoptou a semana pasada a decisión de prorrogar a partir de xaneiro o desconto do 50% no transporte público autonómico, pese a que non foi ata onte, día 27 de decembro, cando o Goberno de España confirmou que ía manter o desconto estatal para os autobuses interurbanos, de competencia autonómica, e urbanos, de competencia dos concellos.
Coa tramitación e publicación xa hoxe da orde no Diario Oficial de Galicia, o Executivo autonómico anticipouse para garantir que as bonificacións aos usuarios do transporte público autonómico teñan continuidade, sen interrupción, xa desde o mesmo día 1 de xaneiro.
A pesar de que a orde publicada no DOG establece como prazo de aplicación dos descontos ata o 31 de xaneiro, xa prevé a ampliación do período no que se aplicará a minoración temporal da tarifa en función do establecido polo Goberno central no Real Decreto Lei para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflitos en Ucraína e Oriente Próximo, así como para paliar os efectos da seca. Isto é, os descontos manteranse entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.
A Xunta vén aplicando desde o 1 de setembro de 2022 a máxima bonificación no transporte público de titularidade autonómica, incrementando nun 20% a axuda estatal que o Goberno de España fixou nun 30%.
A bonificación do 50% no transporte público autonómico inclúe, ademais do autobús interurbano, o transporte de ría de Vigo e o tren na área de Ferrol, tamén os servizos de transporte urbano de Ferrol e Pontevedra, cidades onde este transporte se presta a través das concesións autonómicas.
Esta orde entrar en vigor hoxe mesmo, coincidindo coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60