Miércoles, 17 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 01 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
TUI

A Eurocidade Tui-Valença ultima os preparativos da Cabalgata Internacional de Reis

A Eurocidade Tui-Valença ultima os preparativos para a celebración o próximo venres, 5 de xaneiro, ás 17 h da Cabalgata Internacional de Reis. Un ano máis Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán a Eurocidade cargados de ilusión nunha noite máxica.

 

[Img #86064]A poucos días da celebración desta singular cabalgata de Reis, que se celebra entre dous municipios de dous países, as carrozas nas que subirán os Reis Magos están case a punto, a falta de algún pequeno detalle. Amais coordinase toda a seguridade do evento así coma o plan de tráfico que se establecerá ao longo das rúas por onde pasará a comitiva real.

 

Un ano máis os Reis Magos chegarán en tren até Valença, para subir logo ás súas carrozas reais coidadosamente decoradas e iluminadas, dende as que saudarán á poboación dunha e doutra beira do Miño. A vella Ponte Internacional, rúa común entre Tui e Valença, e porta de entrada a Galicia do Camiño Portugués a Santiago, será un dos puntos destacados do percorrido que rematará no Paseo da Corredoira, onde os cativos e cativas que o desexen poderán saudar persoalmente aos Reis Magos.

 

O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença, encargados da organización da Cabalgata Internacional de Reis darán a coñecer o próximo martes os detalles concretos do evento, dende os horarios previstos de pase por distintos puntos, á composición da comitiva real, e outros aspectos dun evento destacado na programación da Eurocidade. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.