Miércoles, 04 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 04 de Marzo de 2026 a las 17:55:00 horas

Xornal21.es
Sábado, 30 de Diciembre de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Consorcio de Augas do Louro licita por máis de 350.000 euros dúas actuacións de saneamento

En Pontellas (Porriño) ampliarase a rede de augas residuais dando servizo a máis de 60 veciños e en Santo Antoíño (Mos) conectaranse preto de 250 vivendas ao colector do Louro

O Consorcio de Augas do Louro, integrado polos concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui, vén de sacar a licitación dúas actuacións que beneficiarán a máis de 800 persoas. Fíxoo no último comité directivo deste ano 2023, que se celebrou de xeito extraordinario esta semana.

 


Por unha banda, levarase a cabo a ampliación da rede de saneamento no barrio de O Outeiro, na parroquia porriñesa de Pontellas. E, por outra, a conexión da rede de saneamento de Santo Antoíño ao colector do Louro no Concello de Mos.


No primeiro caso, o tramo que se inclúe no proxecto carece de rede de saneamento de augas residuais, polo que as vivendas que dan ao mesmo non están conectadas á rede municipal. Para esta actuación destínase un total de 167.259,57 euros e o prazo previsto para a execución das obras é de oito semanas. Realizaranse 21 acometidas domiciliarias, polo que se dará servizo a máis de 60 habitantes deste barrio. Posterior á incorporación da rede de saneamento, proxéctase a reposición do firme derrubado, que afecta tanto a camiños de titularidade municipal como a terreos de titularidade privada.


A obra que se levará a cabo en Mos dará servizo de saneamento a preto de 250 vivendas, uns 750 veciños. O período de execución dos traballos neste caso é de tres meses e a inversión a realizar ascende a 184.146,84 euros.


Máis de 2.750.000 euros en 2023
“Con obras como estas imos completando o trazado da rede de saneamento, dando este servizo básico a toda a veciñanza dos catro concellos que conforman o Consorcio”, explica o presidente do Consorcio e alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo. “Xunto con estas dúas actuacións, o Consorcio de Augas do Louro mobilizou en todo este ano 2023 máis de 2.750.000 euros en diversas obras de saneamento e abastecemento”, puntualiza Lorenzo á vez que lembra que “ademais de levar a cabo traballos con fondos propios do Consorcio, dende cada un dos municipios tamén se están, e se deben, executar actuacións como estas, ben tamén con fondos propios ou con axudas procedentes de entidades supramunicipais, coas que tentaremos dar resposta a tódalas demandas veciñais”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.