GALICIA
A Xunta destina 127 m€ para o tratamento de determinados tipos de cancros do sangue
Rueda resalta que o obxectivo é avanzar “cara unha medicina máis personalizada” con estas terapias avanzadas “que permiten recoñecer e destruír con mellor eficacia” as células tumorais
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello aprobou destinar 127 millóns de euros nos vindeiros dous anos “á adquisición de novos medicamentos CAR-T para pacientes con determinados tipos de cancro de sangue”. Trátase, segundo explicou, de avanzar cara unha medicina “cada vez máis personalizada e de precisión” a través destas novas terapias oncolóxicas que “que permiten recoñecer e destruír con mellor eficacia” as células tumorais.
Por unha banda, o Consello autorizou o expediente de contratación, mediante acordo marco cun único empresario, da subministración sucesiva do medicamento Tisagenlecleucel, por un valor estimado de 55.040.000 euros. Trátase dun medicamento CAR (Chimeric Antigen Receptor) actualmente dispoñible como alternativa para pacientes diagnosticados de determinados tipos de cancro do sangue.
E por outro lado, o Executivo galego tamén aprobou a contratación, mediante acordo marco cun único empresario, da subministración sucesiva do medicamento Axicabtagen Ciloleucel, por un valor estimado de 71.940.000 euros. Este fármaco, para pacientes diagnosticados de determinados tipos de cancros do sangue, tamén é un dos medicamentos CAR actualmente dispoñibles como alternativa de tratamento.
O Acordo marco para a contratación destes medicamentos terá unha duración de dous anos e poderá ser obxecto de prórroga. A duración total dos mesmos e as súas prórrogas non poderá exceder de catro anos.
Para a fabricación dos CAR-T as células utilizadas son os linfocitos T que se extraen do propio paciente a través dunha técnica de leucoaférese, para ser modificados xeneticamente in vitro (no laboratorio) e así, unha vez inoculados de novo ao doente, teñan máis capacidade para recoñecer e destruír as células cancerosas.
Máis de 26 tratamentos CAR-T administrados na sanidade pública galega
Os medicamentos CAR-T constitúen unha nova estratexia terapéutica para patoloxías que revisten especial gravidade. Cómpre remarcar que, nos últimos anos, a terapia CAR converteuse nunha innovadora estratexia de tratamento contra o cancro, formando parte da familia dos medicamentos de terapia avanzada, e que a diferenza dos medicamentos tradicionais, obtéñense a partir de compoñentes vivos manipulados que neste caso son células.
Estes fármacos pódense elaborar desde a industria farmacéutica (os chamados CAR-T comerciais) ou desde o sector público (CAR-T académicos).
Para a xestión das solicitudes de terapia avanzada, tanto do circuíto industrial como do académico, Galicia conta coa Unidade de Coordinación de Medicamentos de Terapias Avanzadas (COMETA), adscrita á Subdirección Xeral de Farmacia do Sergas, para dispoñer dun modelo organizativo e asistencial común para toda Galicia que dea resposta aos retos que se formulan.
O presidente resaltou que, ata agora, “59 pacientes galegos foron tratados con terapias CAR-T” e que desde “2021 xa non é preciso derivalos a hospitais de fóra da comunidade” senón que reciben na comunidade este tratamento.
Ademais, unha das grandes apostas na loita contra o cancro postas en marcha pola Xunta foi a creación dun centro de fabricación de terapias avanzadas, que supón o impulso á atención personalizada dos enfermos desta patoloxía.
O centro, que conta investimento de máis de tres millóns de euros, está a ultimar os preparativos para o inicio da fabricación de CAR-T académicos nos primeiros meses de 2024. Tal e como salientou Rueda, Santiago será a primera cidade de España en contar cun centro destas características.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60