GALICIA
A Xunta investirá máis de 5,7 m€ nunha rede de control dos sistemas de abastecemento de auga
O Consello da Xunta autorizou a semana pasada a contratación do desenvolvemento, implantación e posta en marcha dunha rede de estacións dixitais de monitorización de sistemas de abastecemento de auga potable en alta neses municipios
O Consello da Xunta deu o seu visto e prace ao investimento de máis de 5,7 M€ no impulso da dixitalización para a xestión en tempo real dos sistemas de abastecemento municipal en concellos de menos de 20.000 habitantes.
Trátase de desenvolver, implantar e pór en marcha unha rede autonómica de estacións dixitais de monitorización de sistemas de abastecemento de auga potable en alta neses municipios.
O obxectivo desta actuación é dispor de novas ferramentas dixitais para reforzar o apoio que a Xunta lles presta aos concellos para acadar unha mellor xestión do servizo de abastecemento de auga á veciñanza.
Os traballos permitirán proporcionarlles aos responsables dos sistemas de abastecemento de auga mecanismos con que xestionalos en tempo real e de forma remota, a través da implantación e posta en marcha dunha serie de estacións dixitais de monitorización.
A Xunta, a través deste contrato, disporá dun sistema de información que lle permita recompilar, visualizar, supervisar e compartir información relativa ao funcionamento destes sistemas de abastecemento monitorizados.
Este contrato conta cun prazo de execución de 20 meses e será financiado pola Unión Europea a través do NextGenerationEU, cos fondos procedentes do Plan de recuperación e resiliencia.
Os traballos
A Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga establece que forman parte deste ciclo as infraestruturas de titularidade pública necesarias para a prestación tanto dos servizos de abastecemento como de saneamento e depuración de augas residuais, de competencia municipal. Mediante esta lei, a Xunta persegue unha xestión dos recursos hídricos máis racional e sostible, emparellada cunha xestión destes servizos públicos máis coordinada, profesional e eficiente.
Para o cumprimento dos obxectivos pretendidos, os traballos e actividades que se desenvolverán no marco deste contrato comezarán pola selección dos sistemas de abastecemento de auga potable en alta de menos de 20.000 habitantes. Neste caso, a través deste servizo darase apoio a Augas de Galicia na selección dos sistemas onde se desenvolverá esta iniciativa, incluíndo a elaboración dun informe de diagnóstico de cada un deses sistemas.
Isto permitirá, a continuación, a elaboración dunha proposta específica de dixitalización para cada un dos sistemas de abastecemento seleccionados por Augas de Galicia para formar parte da Rede autonómica de estacións dixitais de monitorización do abastecemento.
Nesta parte do traballo incluirase o deseño das estacións de medición e rexistro necesarias en cada caso, a selección dos instrumentos de medición máis axeitados aos condicionantes de cada sistema de abastecemento, a proposta dos sistemas de rexistro e control, de comunicación e as fontes de enerxía que resulten máis axeitadas.
A seguinte fase dos traballos consistirá na implantación das propostas específicas desenvolvidas en cada un dos sistemas de abastecemento seleccionados, nos cales se incluirán desde a planificación de todos os traballos que se deberán executar para cada instalación ou infraestrutura hidráulica ata os equipos e a maquinaria precisa para cada un deles.
Tamén se recollen nesta etapa os traballos previos necesarios, a realización dos pedidos e a contratación dos compoñentes das estacións de medición e rexistro que sexa preciso implantar, así como as comprobacións finais do seu correcto funcionamento. Inclúense, ademais, a conexión e o enlace cos centros de xestión de datos locais e coa plataforma de xestión de datos autonómica.
Como seguinte fase do proceso, deseñaranse, desenvolveranse e implementaranse os centros de xestión de datos locais e da plataforma de xestión de datos autonómica, que deberán garantir o acceso con diferentes niveis de permisos aos distintos usuarios e permitir a implantación de futuras melloras, posibilitando o desenvolvemento de novas ferramentas cando sexan necesarias.
Deste xeito, crearase un centro de xestión de datos locais en cada un dos concellos seleccionados, consistente nunha aplicación informática multiusuario.
Tamén se deseñará a plataforma de xestión de datos autonómica, baseada no desenvolvemento dun sistema informático avanzado, que permitirá mellorar a xestión e o coñecemento da rede de abastecemento en alta e o uso do recurso por parte de Augas de Galicia e os axentes involucrados na xestión da auga.
Os traballos concluirán coa posta á disposición de todo o sistema comprendido polas estacións de medición e rexistro, os centros de xestión de datos locais e a Plataforma de xestión de datos autonómica en condicións plenamente operativas.
Unha vez autorizada hoxe polo Consello da Xunta a contratación do servizo de apoio á dixitalización do abastecemento en entidades locais de menos de 20.000 habitantes, o obxectivo é licitar os traballos de forma inmediata para inicialos no segundo semestre de 2024.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60