Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 02 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
Mos

O BNG reclama ao Estado melloras e accesos directos para A Louriña na A-55

A senadora do BNG, Carme Da Silva, dirixiuse ao Senado para poñer de manifesto a problemática de tráfico na zona de Angustias-Costilleta en Sanguiñeda (Mos), xunto con concelleiros de Mos e O Porriño, responsábeis locais e comarcais do Condado e Vigo. A rexión soporta a confluencia de varias autovías e estradas sen os necesarios accesos e un caótico mapa de infraestruturas viarias.

 

 

Os concellos de Mos e O Porriño levan décadas soportando a presión e o impacto urbano, acústico e ambiental debido á intersección de autovías e estradas estatais, sen os axeitados accesos e enlaces. A zona concentra as autovías A-55, A-52, N-550 e N-120, ademais do aumento do tráfico pola concentración de centros comerciais, resultando en conxestións e problemas de tráfico constantes.

 

Carme Da Silva presentou no Senado unha pregunta parlamentar e unha moción dirixida ao Ministerio de Transportes para abordar esta situación. Propón un estudo en colaboración cos concellos de Mos e O Porriño para analizar o tráfico na área de Angustias-Costilleta co obxectivo de adoptar medidas para mellorar a fluidez do tráfico e reducir a presión e saturación na zona.

 

Ademais, a senadora do BNG insta ao Ministerio a aprobar a construción de dous enlaces cruciais: un acceso directo á A-55 desde a N-550 en Amieirolongo (Mos) e un enlace directo desde a parroquia de Torneiros (O Porriño) á A-55 na saída 17 para acceder á AP-9.

 

Carme Da Silva subliña que a falta de fluidez no tráfico non é só un problema vehicular, senón unha cuestión de mellora da calidade de vida da veciñanza na zona. A senadora fai eco das demandas sociais e políticas, instando ao Ministerio a tomar medidas para reducir os problemas de tráfico e contribuír á mellora da calidade de vida dos residentes na área. Destaca a necesidade de afrontar unha situación que se converteu nun auténtico pesadelo para os habitantes das Angustias, Sanguiñeda, Avenida de Galicia, Ramiráns e Progreso.

 

Carme Da Silva enfatiza que a falta de enlaces directos na zona, xunto coa improvisada política de concesións para a localización de centros comerciais sen análise previa dos tráficos e da mobilidade, agravou os persistentes problemas de tráfico. Para a senadora, a situación require acción inmediata para abordar non só o problema de tráfico, senón tamén a sostenibilidade e a calidade de vida da poboación na zona.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.