VIGO
A Xunta licita 59 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia
Os proxectos prevén levantar dous conxuntos edificatorios que pasarán a engrosar o parque público da Xunta na cidade e as vivendas serán adxudicadas en réxime de alugueiro entre as persoas inscritas no Rexistro único de demandantes de vivenda
A Xunta de Galicia publicou a licitación das obras de construción de dous edificios para un total de 59 vivendas de promoción pública (VPP) en San Paio de Navia (Vigo). Os contratos a concurso, publicados na plataforma de contratos de Galicia, suman un orzamento base de licitación de algo máis de 11,5 millóns de euros IVE incluído.
As vivendas xeradas pasarán a engrosar o parque público da Xunta na cidade e as vivendas adxudicaranse en réxime de alugueiro entre as persoas inscritas no Rexistro único de demandantes de vivenda na cidade.
O primeiro dos contratos, destinado a levantar un conxunto edificatorio para 41 vivendas, 74 prazas de garaxe e 41 rochos, correspóndese coa parcela M-IVA-8 e conta cun orzamento de licitación de algo máis de 7,8 millóns de euros. O inmoble contará con dúas plantas de soto -para garaxes, rochos e locais de instalacións e servizos-, unha planta baixa -con catro portais, locais de instalacións e servizos e o acceso dos vehículos aos sotos-, tres plantas altas e o ático, os catro niveis nos que se repartirán as vivendas.
En canto ao reparto das vivendas, o edificio incluirá 20 de dous dormitorios -algunhas delas con terraza-, outras 20 con tres dormitorios -das que parte delas tamén terán terraza- e unha vivenda de catro dormitorios. Entre as 20 de tres dormitorios, haberá dúas especialmente adaptadas para persoas con mobilidade reducida.
A segunda das licitacións en San Paio de Navia ten como obxecto construír un inmoble de nova planta para dedicalo a 18 vivendas repartidas en tres bloques cun orzamento de licitación de algo máis de 3,6 millóns de euros. O edificio consta dunha planta de soto, planta baixa e dous andares máis. No soto estarán os garaxes, rochos e locais de instalacións e servizos; na planta baixa, haberá tres vivendas de dous dormitorios e, nos dous andares superiores, nove vivendas de tres dormitorios e seis de catro dormitorios.
Esta promoción de vivendas en San Paio de Navia é unha das que o Executivo galego ten licitadas ou vai licitar proximamente co obxectivo de construír 201 novas vivendas de promoción pública en Vigo coa finalidade de destinalas a alugueiro social. A elas engádese a licitación, tamén publicada hoxe na plataforma de contratos de Galicia, das obras para a construción dun edificio en Valdecorvos que permitirá habilitar 74 VPP na cidade de Pontevedra, tras un investimento de arredor de 15 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217