GALICIA
A Xunta e o sector hostaleiro colaborarán no fomento da reciclaxe correcta de residuos
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asinou un protocolo coa Confederación Galega de Empresarios de Hostalería e Turismo
A Xunta de Galicia e o sector hostaleiro colaborarán no fomento da reciclaxe e a correcta separación de residuos, tal e como se recolle no protocolo asinado entre a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o presidente da Confederación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Galicia, José Francisco Real.
No marco dese acordo de colaboración, desenvolveranse actividades de divulgación e sensibilización tanto entre os profesionais do sector hostaleiro como entre a cidadanía co obxectivo de concienciar sobre a importancia da reciclaxe, da redución de residuos e da correcta separación dos que se xeren.
Segundo explicou a vicepresidenta segunda, esta iniciativa pioneira desenvolverase nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo tanto no ámbito da restauración -cafeterías, bares, restaurantes ou adegas- como en aloxamentos -hoteis, albergues ou pousadas- e locais de ocio nocturno -pubs e discotecas-.
Entre as accións a levar a cabo, cómpre salientar unha campaña en redes sociais centrada na correcta separación dos residuos e, en particular, no uso do contedor marrón, que é o destinado á materia orgánica. A maiores, farase un concurso de vídeos creativos sobre a reciclaxe dirixido aos profesionais do sector hostaleiro.
Ademais, tal e como dixo Ángeles Vázquez, os establecementos de hostalería entregarán envases de comida para levar e bolsas para botellas de vilo reciclables e sostibles con publicidade sobre a campaña.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60