Viernes, 19 de Junio de 2026

Actualizada Jueves, 18 de Junio de 2026 a las 22:08:27 horas

Xornal21.es
Martes, 02 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

O PP lamenta "o lavado de cara dos nacionalistas" na Louriña

Así califican os populares de Mos a visita da senadora do BNG, Carme da Silva, a Sanguiñeda para facer unhas reclamacións “escasas” a un goberno ao que veñen de apoiar para que Sánchez fose presidente

O Partido Popular de Mos, concretamente o seu voceiro e segundo tenente de alcaldesa mosense, Leo Costas, pronunciouse  sobre a visita da senadora nacionalista, Carme da Silva, a Sanguiñeda para reclamar solucións para o tráfico na zona.

 

 

Os populares de Mos lamentan que un partido que apoia a Pedro Sánchez para que sexa presidente dun goberno central responsable da deixadez no mantemento das infraestruturas da zona que provocan os problemas de tráfico, veña a facer un lavado de cara ante a comarca da Louriña coa visita da senadora. “É lamentable e debería darlles vergoña”, apunta Costas.

 

Ademais desde o PP consideran escasa a reclamación dos nacionalistas “pois son moitas máis as necesidades que temos pendentes en viais titularidade e competencia do Ministerio de Transportes, antes Fomento, e que afectan ao noso Concello como a A-55, a A-52, a N-550, a N-120 e a AP-9” advirten desde o PP mosense lamentando o descoñecemento e a pouca amplitude de miras demostrada desde o BNG.

 

Deste xeito Costas lembra que “as reclamacións e esixencias ao Ministerio de Transportes (antes Fomento) por parte do Concello de Mos son continuas e históricas, desde fai anos e desde que Nidia Arévalo é alcaldesa de Mos. Realizáronse infinidade de solicitudes e reunións, independentemente da cor política do goberno central, fixéronse denuncias e comunicados en Prensa, e ata manifestacións; pero Fomento leva anos desoíndo as nosas reclamacións”.

 

Así desde o PP de Mos avanzan que presentarán ao vindeiro Pleno unha moción de reclamación de solucións a Fomento, pero para todas as nesidades de todos os viais da súa titularidade A-55, a A-52, a N-550, a N-120 e a AP-9. Comezando pola reclamación da inmediata gratuidade da peaxe do Porriño da AP-9 como solución para a tan perigosa A-55.

 

E seguindo pola reclamación do óptimo mantemento da autovía máis perigosa de Galicia e de España cun asfaltado integral e reparación.

 

Cómpre lembrar que neste senso o Partido Popular xa presentou varias mocións e proposicións non de Lei no Parlamento Galego, instando ao goberno central e solicitando a mellora integral da autovía e o seu óptimo mantemento. 

 

Mos acumula solicitudes históricas ao Ministerio de Fomento respecto da A-55 ás que a administración estatal fixo caso omiso. Tales son a construción dunha rotonda na confluencia da AP-9 á A-55 e a propia N-120 de entrada e saída a Mos (Alto de Puxeiros), a rehabilitación de todo o firme da A-55 dende Vigo a Porriño con asfalto fonoabsorbente e antideslizante, a sinalización adecuada e suficiente, o arranxo do paso inferior á altura de A Rans (P.K. 10+000) do que urxe un mantemento adecuado, a limpeza e mantemento do vial de servizo da autovía, repintado de pasos de peóns existentes no vial de servizo da autovía, etc.

 

Xa en novembro de 2022 o Concello de Mos aprobou en Pleno a moción do PP de Mos, dirixida ao Ministerio de Transportes para esixirlle o óptimo mantemento e que garanta a seguridade na A-55.

 

“A Autovía A-55 Vigo-Porriño é a vía máis perigosa de Galicia e a autovía con máis accidentes de España. Atópase nun estado deplorable, co firme da calzada totalmente destrozado en todo o vial en xeral e ao seu paso por Mos en particular, poñendo en perigo aos 60.000 condutores que utilizan a diario a autovía, entre eles moitos veciños e veciñas de Mos; por iso non podemos continuar nesta situación de deixadez e abandono por parte do Ministerio de Fomento”, declaraba entón Nidia Arévalo. 

 

Na moción aprobada en Pleno pedíase ademáis que “Fomento nos escoite”, e que todos os proxectos pendentes no municipio dependentes dese Ministerio se leven por fin a cabo. Entre eles que se execute tamén en Mos o Plan de Acción contra o Ruido do Ministerio de Transportes, coa implantación de medidas contra o ruido na A-55 e na A-52 en Puxeiros-Tameiga e Cerqueirás e Amieirolongo en Sanguiñeda. Ademais a moción incluía varios acordos nos que se instaba ao Ministerio de Transportes (antes Fomento) á gratuidade da peaxe de Porriño da AP-9, xa que é a solución máis rápida e inmediata para evitar e reducir a siniestralidade, e que se desvíe o tráfico da tan perigosa A-55, liberalizalizando a peaxe de Porriño da AP-9. E ao mantemento en óptimo estado das condicións da A-55. 

 

Agora, os populares de Mos traballan nunha nova moción para lembrar e actualizar todas estas necesidades ante Fomento, esperando que dunha vez por todas desde o goberno central se escoite a Mos e se dea resposta ás súas demandas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.183

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.