Nigrán
Posta en valor e recuperación da praia da Cansadoura en Patos
O Concello de Nigrán deu comezo aos traballos de posta en valor e recuperación da praia da Cansadoura, en Patos. Esta iniciativa marca a primeira vez que a protección do sistema dunar se estende a outro areal diferente ao Praia América-Lourido, específicamente á Praia da Cansadoura, en Patos. Un investimento de 11.000 € permitirá levar a cabo o peche perimetral das dunas, reparar a pasarela existente, instalar sinalización informativa e eliminar especies invasoras. Está previsto que os traballos rematen nas próximas semanas.
"A diferencia da zona de Panxón, que conta con delimitación dende hai décadas, e Lourido, onde se realizou o mesmo o ano pasado, estas dunas non estaban siquera delimitadas. Queremos rexeneralas ao tempo que creamos concienciación social ao respecto", destaca o alcalde de Nigrán, Juan González. "Protexemos o noso patrimonio natural, gañamos en ecoloxía e creamos cidadáns comprometidos coa súa contorna e sensibilizados medioambientalmente", engade o alcalde.
O areal contiguo a Patos, preto da Residencia de Tempo Libre, mantén un pequeno sistema dunar actualmente en perigo debido ao tránsito de bañistas que atallan polos carreiros en lugar de usar a pasarela peonil. Para a protección desta área dunar, similar á realizada en Panxón e Lourido, o Concello realizará o peche perimetral mediante postes de madeira tratados en autoclave e separados 2,5 metros por arame verde. Tamén se restaurará a pasarela de acceso, incluíndo a substitución de 10 taboleiros. Ademais, con fins educativos e divulgativos, colocaranse dous paneis informativos de 80x120 cm que ofrecerán información sobre a riqueza do sistema dunar e a importancia da súa protección e rexeneración, a través de texto, imaxes, infografías e debuxos.
Aínda que as dunas presentan un estado de conservación aceptable, detectáronse pés de margarida africana como especie invasora, que serán erradicados. Ademais, no lugar atópanse especies autóctonas seriamente ameazadas, como o tomelo de praia, correola de praia, cebola das gaivotas, cardo marítimo e prixel de praia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60