PROVINCIA
Rafa Domínguez recibe na Deputación a Andrea Cascalla
“Esta provincia está chea de talento e dende a Deputación estamos a traballar para promovelo e visibilizalo”, asegurou o vicepresidente ao tempo que enxalzou o papel de Cascallar “como referente feminino nun campo tan masculinizado como as STEAM”
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de recibir no Pazo Provincial a Andrea Cascallar, a primeira muller española en gañar o premio Best PhD Thesis Award da Sociedade Europea de Lóxica Difusa e Tecnoloxía (EUSFLAT). “Esta provincia está chea de talento e dende a Deputación estamos a traballar para promovelo e visibilizalo”, asegurou o vicepresidente provincial ao tempo que enxalzou o papel da moza de Cerponzóns, Pontevedra, “como referente feminino nun campo tan masculinizado como son as STEAM”.
Andrea Cascallar, que actualmente traballa en Data Scientist, converteuse con 30 anos na primeira muller nada en España en gañar o Eusflat Best PhD Thesis Award que, ata a data, soamente tiñan recibido outras tres mulleres en Europa. “É un orgullo para a provincia”, manifestou o vicepresidente quen aproveitou a ocasión para desexarlle moitos éxitos na súa carreira. Pola súa banda a científica agradeceu á institución o apoio prestado e, ao igual que Domínguez, reivindicou o talento da provincia e a importancia e necesidade de recoñecelo.
Durante a súa visita ás instalacións da Deputación, o vicepresidente amosou a Andrea Cascallar as dependencias do Pazo Provincial e aproveitou para subliñar a importancia da tese desenvolvida pola científica, centrada na Intelixencia Artificial, un mundo novo e pouco coñecido. De feito, a investigación de Cascallar céntrase no desafío de modelar a imprecisión na linguaxe, hibridando as “Protoformas Cuantificadas Difusas” coa “Xeración da Linguaxe Natural”, ámbito clave da Intelixencia Artificial que facilita a comunicación entre persoas e máquinas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217