Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 04 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Un total de nove carrozas acompañarán aos Reis Magos no seu paso por Mos

O desfile dará inicio ás 18 horas de este venres 5 de Xaneiro e percorrerá a Avenida de Sanguiñeda

Como cada 5 de xaneiro, os Reis Magos teñen unha cita ineludible cos máis pequenos nas rúas de Mos, horas antes de visitar cada un dos fogares para cumprir coas súas peticións. 

 

 

Este venres ás 18 horas, as carrozas das súas maxestades os Reis Magos de Oriente desfilarán pola Avda. de Sanguiñeda (dende a Ponte de Senlle ata o supermercado Eroski) onde estará instalado o Belén Vivente organizado pola Asociación de Mulleres Ruráis Val da Louriña.

 

As tres carrozas reais, estarán acompañadas por seis Carrozas de Asociacións do municipio: a de San Martín de Tameiga, a do Centro Cultural de Herville, a do Centro Cultural de Torroso, a do Círculo Cultural Abrente, a do Círculo Santa Eulalia de Mos e a da Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras.

 

As tres carrozas reais serán ademáis escoltadas polos nenos e nenas da Asociación de veciños de San Rafael.

 

Tamén a tradición musical terá cabida, e acompañarán aos Reis Magos as catro Rondallas mosenses: a Rondalla do Centro Cultural de Torroso, a Rondalla da Asociación Cultural de Herville, a Rondalla Santiaguiño de Guizán e a Rondalla Santa Eulalia de Mos. Facendo todas elas unha actuación ao remate do desfile.

 

Repartiranse preto de 1.000 quilos de caramelos sen glute, e entregarase o tradicional agasallo a todos os nenos e nenas que se acheguen a saudar ás súas maxestades, na recepción prevista ao final do percorrido na carpa situada na Avda. de Sanguiñeda.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.