GALICIA
A Xunta anima a coñecer o primeiro sendeiro azul da Provincia de Ourense
A directora xeral de Patrimonio Natural e a alcaldesa de Vilariño de Conso visitaron hoxe o miradoiro do Río Pequeno e percorreron un tramo da senda peonil
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, animou hoxe a descubrir e percorrer a ruta peonil de Aceveda, no corazón do Parque Natural do Invernadeiro e un dos 49 sendeiros azuis recoñecidos en Galicia este ano pola Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac).
Acompañada pola alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía, a responsable autonómica achegouse ata o miradoiro do Río Pequeno —construído pola Xunta o ano pasado para poñer en valor os recursos paisaxísticos do Invernadoiro— e desde alí desprazouse ata a Ribeira Pequena, punto de inicio do sendeiro da Aceveda e desde onde percorreu a pé un pequeno tramo da ruta, “o primeiro sendeiro azul declarado na provincia de Ourense”, tal e como subliñou.
Neste sentido, do Campo explicou que foi a propia Xunta, como administración titular do Parque Natural do Invernadeiro e responsable da súa xestión, a que decidiu presentar a candidatura a sendeiro azul de Aceveda, do que destacou a “beleza” das paisaxes que atravesa ao longo dos seus 8 quilómetros de percorrido.
Cómpre lembrar que o galardón Bandeira Sendeiro Azul, que concede Adeac desde hai varios anos, busca poñer en valor o papel das sendas e camiños como un recurso valioso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas, turísticas e de ocio ao aire libre e aprender a interpretar ambientalmente a contorna.
Para obter este recoñecemento débense cumprir un conxunto de criterios e indicadores, que se agrupan en catro categorías: características das sendas e trazados; información, sinalética e infraestruturas dispoñibles; conservación e xestión do patrimonio natural e cultural; e uso público dos itinerarios.
Tras darse a coñecer recentemente o resultado da convocatoria de 2024, Galicia consolídase como a comunidade autónoma con máis rutas distinguidas, cun total de 49, tal e como salientou Belén do Campo.
Estes itinerarios están localizados en 27 concellos, dos que 8 están na provincia da Coruña, 4 na de Lugo e 14 na de Pontevedra, ademais do sendeiro azul do Parque Natural do Invernadeiro, o único ourensán que lucirá este distintivo. No conxunto do país concedéronse ese ano 128 bandeiras a outros tantos sendeiros que suman unha rede de case 860 quilómetros de lonxitude.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60