Miércoles, 17 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 05 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño demanda á Xunta máis de 600.000€ por verse "obrigado" a financiar servizos sociais

O Concello asegura que asume máis de 250.000€ polas dúas escolas infantís e o centro de día da localidade, mentras que nos concellos con escolas privadas financia a totalidade do servizo

A corporación municipal do Concello de Tomiño aprobou no pleno municipal, celebrado o pasado 19 de decembro, unha moción para abordar o financiamento dos servizos sociais de competencia non municipal.

 

 

Contou co voto a favor dos grupos municipais do BNG, quen impulsou a iniciativa, e do PSOE, e coa abstención do PP.


Coa entrada en vigor da Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, as competencias dos Concellos sobre os servizos sociais diminuiron, manténdose unicamente a responsabilidade en materia de avaliación e información de situacións de necesidade social e de atención inmediata a persoas en risco de exclusión social. Non obstante, o Concello segue tendo que asumir unha parte do financiamento de servizos como o Servizo de Axuda no Fogar ou aquel relacionado coas prazas ofertadas no centro de día e nas escolas infantís.


O financiamento do Servizo de Axuda no Fogar, que forma parte da Lei de Dependencia, está contemplado a partes iguais entre a Administración Xeral do Estado e as Comunidades Autónomas. Se ben, o Concello de Tomiño consigna case 400.000 euros de fondos propios tras licitar o servizo cuns costes de 19€/hora, fronte os 11.5€/hora que financian as mencionadas administracións competentes na materia.


A moción tamén aborda a situación do centro de día e das escolas infantís do municipio, xestionadas a través do Consorcio Galego. A Xunta impón un cofinanciamento ao Concello, xerando custos que ascenden a preto de 250.000 euros segundo os orzamentos para este 2024. O Grupo Municipal do BNG critica que a Xunta financie completamente as escolas infantís privadas nalgúns concellos, pero que, a súa vez, esixa a concellos como o de Tomiño copagar por servizos semellantes que, pola contra, si son de carácter totalmente público.


Por elo, dado que o Concello destina neste momentos máis de 600.000 euros de fondos propios a servizos que non son da súa competencia, a proposta de acordos da moción busca instar á Xunta de Galicia e á Administración Xeral do Estado a asumir o financiamento íntegro dos mesmos. Na mesma liña, tamén se lle solicita á administración autonómica a asunción do 100% dos costes do centro de día e das escolas infantís, servizos que esta xestiona en exclusiva de xeito unilateral. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.