GALICIA
UGT fala de "cifras históricas" nos datos desemprego no ano 2023
UGT sinala que, pese aos agoreiros, a reforma laboral fructificou en máis contratacións, máis dignas e nun aumento da protección
Cos datos publicados hoxe polo Ministerio de Trabajo y Economía Social –Servicio Público de Empleo e polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones compróbase unha caída do desemprego tanto con respecto ao mes anterior como con respecto ao mesmo mes do ano anterior. É de destacar que se produce un mínimo histórico de desemprego no mes de decembro en Galicia dende 1996 (serie histórica).
O mes de Nadal, ademais da mellora lóxica polas contratacións de tempada, amosa unha mellora clara do mercado laboral polas reformas laborais introducidas.
En Galicia hai 12.718 persoas desempregadas menos que hai un ano, mentras que no Estado descende en 130.197 persoas no ano e sitúase en 2.707.456 persoas desempregadas.
En Galicia o paro baixa en 1.664 personas en decembro con respecto ao mes anterior, chegando á cifra de 129.504 persoas desempregadas, a cifra máis baixa nun mes de decembro, sendo o dato da serie histórica máis baixo dende 1996.
No ano 2023 déronse as cifras máis baixas de desemprego en Galicia, rexistrándose en xullo a cifra máis baixa da serie histórica (127.445).
Bo dato de contratación indefinida no mes de decembro, sendo do 26,63% do total de contratación (pero aínda dez puntos máis baixa que no Estado, onde acada o 37,14% dototal de contratos).
É moi significativo que antes da reforma, en decembro de 2021, a porcentaxe de contratación indefinida era do só do 9,46% do total de contratos.
Situase o dato do desemprego en 129.504 e no Estado 2.707.456 cunha caída do 1.27% menos (1.664 persoas desempregadas menos) con respecto a novembro e de 8.94% menos con respecto a hai un ano (12.718 persoas desempregadas menos.). No Estado a contracción no mes é dun 1% (-27.375) e no ano dun 4.59% (-130.197).
Xuventude e muller
Son 5.379 os mozos e mozas menores de 25 anos en desemprego, producéndose unha contracción no mes nun 1.23% e dun 2.75% no ano.
Por sexos, hai unha evolución desfavorable no mes do desemprego para os homes, nos que se elevan as cifras nun 0,03% (polo aumento do desemprego na construción e na industria, sectores tradicionalmente máis masculinizados) e contraria evolución nas mulleres, producéndose unha contracción no número de mulleres desempregadas dun 2.19%.
Anualmente, hai unha evolución de contracción en ambos sexos, menos acusada tamén neste caso nos homes, o 8,58% menos e do 9,2% menos nas mulleres.
En termos estruturais, as mulleres seguen a representar nada menos que o 57.75% do total de desemprego en Galicia. O paro afecta a un total de 74.793 mulleres fronte a 54.711 homes.
Sectores
No mes, ao analizar por sector de actividade, hai un aumento considerable na Construción, nun 1,22%, na Industria, o 1,17% e no Sector Primario cun 0,53% de aumento. Pola contra, hai unha caída do 1,75% nos Servizos e do 2,64% no colectivo Sen Emprego Anterior. O Nadal xera emprego nos Servizos e incorporación do colectivo SEA (mocidade, persoas desanimadas...)
En termos anuais, hai unha caída do 8,97% menos no Primario, na Industria do 13,42% menos, a Construción cae nun 12,74% menos, nos Servizos o 8,62% e no colectivo SEA un 2,59% menos.
Datos por provincias
En termos provinciais no mes hai unha similar evolución: Caída, pero con distintas intensidades. Así, na provincia de Ourense cae o 3,25% menos, a de Lugo a caída é do 1,48%, na de Coruña o 1,08% e, na de menor intensidade, en Pontevedra a caída foi do 0,8%.
Anualmente, contracción en todas elas. Caídas máis contundente na de Lugo, -9,25% e Coruña, -9,19%. En Pontevedra similar ao conxunto de Galicia o -8,94% e menor intensidade na de Ourense, -7,82%
Contratación
Excelente dato de contratación indefinida, chegando ao 26,63%, de contratación no mes de decembro. A contratación indefinida no Estado foi do 37,14% do total.
Cobertura de desemprego
A taxa de cobertura en novembro de 2023 (último dato disponible) sitúase nun 71,2% (71,1% no Estado). As persoas beneficiarias de prestacións de desemprego sitúanse en 85.014. Maioritariamente perciben subsidio 40.312 persoas, Renda Activa de Inserción unhas 4.420 persoas e 40.282 son perceptores de prestación contributiva, o 47,4% do total.
Afiliación/cotización á SS
En canto a evolución nas cifras de afiliación á S.S. (media mensual), sitúase en Galicia no mes en 1.062.283 persoas afiliadas. Moi boa cifra pero cae no mes nun 0,12%, aínda que medra no ano un 1,92%. No Estado hay un mantemento da afiliación no mes, medrando levemente, o 0,14%, e cun aumento máis acusado que en Galicia no ano, o 2,66%.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60