Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 05 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Museo de Pontevedra pecha o 2023 con preto de 189.000 visitantes

En total foron 188.599 as persoas que visitaron durante o pasado ano os edificios do Museo de Pontevedra

O Museo de Pontevedra pecha o 2023 co mellor dato de visitantes dos últimos 13 anos. En total foron 188.599 as persoas que visitaron durante o pasado ano os edificios museísticos da Deputación de Pontevedra. “É unha satisfacción enorme –subliñou o vicepresidente da institución provincial e deputado responsable do Museo de Pontevedra, Rafa Domínguez –, o mellor dato anual desde 2010, o que amosa a boa saúde do Museo”.

 

 

Domínguez felicitou aos “responsables do Museo de Pontevedra no 2023, tanto ao anterior director como á actual directora, así como a todos os traballadores da entidade que son os que fan posible que, día a día, medre o interese da xente e se acheguen cada vez máis persoas a coñecer todo o que alí temos”. Tamén aproveitou a ocasión para convidar a “coñecer os tesouros que salvagarda” o Museo a todos os pontevedreses e persoas que visitan a cidade.

 

Os datos do 2023 manifestan un incremento do 8,4% no número de visitantes con respecto ao 2022 e sitúan ao pasado ano como o segundo mellor da historia do Museo en canto a afluencia, soamente superado polo 2010 cando percorreron as súas instalacións 226.646 persoas. En decembro de 2023 o Museo de Pontevedra recibiu un total de 5.165 persoas fronte ás 3.565 que o fixeron no mesmo mes do ano anterior.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.