Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 05 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Plan +Provincia destinamáis de 3,2 millóns de euros aos concellos de Bueu, Cangas e Moaña

Son 205.000 euros máis que os recursos destinados pola institución provincial aos concellos do Morrazo no 2023

Os concellos de Bueu, Cangas e Moaña recibirán este ano máis de 3,2 millóns de euros a través do Plan +Provincia da Deputación, o que supón 205.207 euros máis que os recursos destinados pola institución provincial a estes concellos do Morrazo o pasado ano, cando recibiron 3 millóns. O presidente Luis López remitiu este mércores 3 de xaneiro unha carta aos alcaldes e alcaldesas tanto destes como dos restantes concellos de menos de 50.000 habitantes que se benefician do +Provincia detallando os recursos que lles corresponden e as principais novidades do plan, cuxa convocatoria publicouse tamén este mesmo mércores no Boletín Oficial da Provincia logo de ser aprobado no último pleno do 2023. A partir de agora, os concellos terán tres meses para presentar solicitudes.

 

O plan, elaborado conforme aos principios de reforzo da capacidade inversora, maior autonomía local e atención aos retos comúns de futuro, pretende, tal e como remarcou o presidente na carta remitida aos concellos, “avanzar conxuntamente nun modelo de cooperación e lealdade institucional que permita desenvolver as múltiples potencialidades da provincia”. Con este obxectivo, neste 2024 o plan de obras e servizos da Deputación incrementou a súa dotación en 4,2 millóns de euros, ata alcanzar os 48,2 millóns de euros, que se distribuirán entre os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia a través de catro liñas. A primeira delas, dotada con 33,74 millóns de euros vai destinada a investimentos; a segunda, con 4 millóns, céntrase no gasto corrente dos concellos; a terceira, de 9,25 millóns, para a activación do emprego e a cuarta e novidosa liña, dotada con 1,2 millóns, para proxectos transformadores relacionados coa mobilidade.

 

No caso da comarca do Morrazo, os 3.226.036 euros que recibirán Bueu, Cangas e Moaña permitirán destinar ata 2,26 millóns de euros a novos investimentos, 267.761 euros a gasto corrente, 619.399 euros a fomentar o emprego e 80.651 euros a proxectos transformadores relacionados coa mobilidade. Para facilitar a xestión dos recursos, o Plan +Provincia permite flexibilizar o traspaso de crédito entre liñas, de tal forma que poderá traspasarse o 100% das liñas 2,3 e 4 á liña 1; ata o 60% da liña 3 á liña 2; e entre o 30% e con carácter extraordinario ata o 50% da liña 1 á liña 2 de acordo cos requisitos establecidos nas bases publicadas o pasado mércores no Boletín Oficial da Provincia. Ademais, tamén se incorpora por vez primeira o criterio de reto demográfico para ponderar o impacto do envellecemento e a perda de poboación nos últimos dez anos.

 

En concreto, no Morrazo, o novo Plan +Provincia destinará 931.551 euros a Bueu, 76.152 máis que o pasado ano; Cangas recibirá 1.196.361 euros, 69.964 máis que no 2023 e Moaña 1.098.123 euros, 59.091 máis que no ano que acaba de rematar.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.