GALICIA
Rueda destaca a relevancia económica e social da actividade industrial asentada no litoral galego
O presidente da Xunta visitou as instalacións de Amegrove
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe a relevancia económica e social do conxunto da actividade empresarial e industrial asentada ao longo do extenso litoral galego. “Galicia é a comunidade autónoma con máis km de costa de España e toda esa costa é riqueza, xa que alí viven persoas, hai empresas que moven a economía e dan postos de traballo e que non están aí por capricho”, asegurou.
Así o destacou hoxe durante unha visita ás instalacións da sociedade cooperativa Amegrove, na que estivo acompañado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e onde eloxiou a traxectoria dunha empresa que se ten consolidado como líder internacional no sector do mexillón. “Temos un produto magnífico e temos que seguir traballando para seguir mantendo este sector tan estratéxico para a nosa comunidade, non só aquí ao pé do mar senón todo o que se move para que chegue aos consumidores”, indicou.
Neste sentido, apostou por seguir promocionando a marca Galicia dos produtos do mar, xa que “é un sinónimo de calidade e de saber que hai que pagar por un produto excepcional”.
Así mesmo, asegurou que "en Galicia somos os máis interesados en protexer o noso litoral” en referencia á defensa que o Goberno galego quere aportar ás empresas asentadas na costa no marco da Lei do Litoral.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60