VIGO
Sumar Galicia promete un metro lixeiro na Coruña e Vigo
A formación de Marta Lois anuncia que creará unha Consellería de Mobilidade no novo goberno da Xunta de Galicia, que contará cunha empresa pública de mobilidade
Sumar Galicia subliñou o seu compromiso coas políticas “valentes e ambiciosas que require o reto da emerxencia climática”. O portavoz da formación, Paulo Carlos López, anunciou a vontade de Sumar Galicia de crear unha Consellería de Mobilidade “no novo goberno galego”. Fíxoo no marco da primeira xornada de traballo presencial dos grupos de programa da formación. “En Galicia precisamos un modelo de transporte e mobilidade sostible”, insistiu López.
A Consellería de nova creación contará cunha empresa pública de mobilidade, encargada de poner en marcha un sistema de metro lixeiro nas cidades da Coruña e Vigo. “Temos a proposta política, temos a proposta técnica e temos a vontade de gobernar para levalo a cabo”, subliñou o portavoz. Sumar Galicia enmarca esta proposta no seu compromiso coas políticas verdes, nas que a mobilidade sostible debe constituír un eixo fundamental.
O calendario que manexa a formación iniciaría a fase de estudo do proxecto no presente ano 2024, continuando coa súa licitación no 2025 e a construcción e iniciando a súa construcción no 2026 para que poida estar en funcionamento antes do remate da lexislatura.
O coordinadora de Proxecto de País de Sumar Galicia, Rocío Núñez, concretou o calendario do proceso programático da formación. Segundo informou Núñez, son xa 300 as persoas da sociedade civil que se inscribiron nos 5 grupos de traballo xa constituídos e que traballan arreo para lle dar forma “ao mellor programa de goberno que pode ter este país”. O resultado deste “proceso participativo” coñecerase o vindeiro 19 de febreiro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217