SALUD
O suicidio xa é a principal causa de morte na xuventude en España
Falamos? Últimos datos sobre conduta suicida e prevención da man de andaina pro saúde mental
A asociación Andaina Pro Saúde Mental (Andaina PSM) reflexiona sobre os últimos datos estatísticos publicados en relación ao sucidio e lembra a existencia do seu programa FALAMOS? para a prevención do suicidio en datas onde a soidade, a dó polas persoas que xa non están e as dificultades económicas están moi presentes.
Neste pasado mes de decembro, da man do Instituto Nacional de Estatística (INE) e a Fundación Española para a Prevención do Suicidio, obtivéronse os datos definitivos das Estatísticas de Defunción por Causa de Morte no 2022, entre as que atopamos as mortes por suicidio.
Rexístranse un total de 4227 mortes, o que implica un aumento dun 5,6% das defuncións por esta causa respecto a 2021, sendo o terceiro ano consecutivo de aumento da cifra total. Estas cifras fan que o suicidio se manteña como principal causa de morte externa en España dende 2008 e, mais concretamente, como primeira causa de morte na xuventude española, por diante dos tumores e os accidentes de tráfico.
Existen recursos como a liña de atención á conduta suicidia (024), o Teléfono da Esperanza (717 003 717) e outras entidades como Saúde Mental FEAFES Galicia (feafesgalicia.org).
Ante os sentimentos de soidade, afrontamento da dó polas persoas que xa non están e situacións de precariedade laboral e económica presentes nestas épocas para moitas persoas, Andaina PSM (con sedes en Ordes e Dodro) lembra que a prevención do suicidio é posible e informa sobre a existencia do seu programa FALAMOS?, un programa integral no ámbito rural para a mellora na detección e intervención en risco de suicidio que ofrece asesoramento a persoas en risco e familias, actuacións de sensibilización para a poboación xeral e accións formativas a profesionais e estudantado.
Este programa leva activo dende o ano 2020 e neste 2023 vén de ampliar o seu ámbito de actuación chegando a 8 novos concellos (Val do Dubra, Negreira, A Baña, Brión, Teo, Boqueixón, A Pobra do Caramiñal e Catoira) para ofrecer os seus servizos á poboación.
Por outra banda, ante a destacada demanda de abordaxe desta realidade no ámbito educativo debido ás cifras de suicidio existentes entre a xente moza, o programa FALAMOS? chegou a dous centros educativos. Fíxoo cun proxecto piloto de sensibilización de varias sesións nas que se abordaron a intelixencia emocional, a promoción da saúde mental e o fomento da empatía como ferramentas clave de prevención neste sector da poboación.
Do mesmo xeito, FALAMOS? formou a un total de 98 estudantes pertencentes ao grao de Enfermaría da Universidade de Vigo (Campus de Ourense), Educación Social da Universidade da Coruña e tamén do Mestrado en Psicoloxía Aplicada da Universidade da Coruña. Profesionais do futuro que puideron aumentar os seus coñecementos e ferramentas para a comprensión e manexo desta realidade.
Á disposición da poboación en risco existen tamén outros recursos como a liña de atención á conduta suicidia (024), o Teléfono da Esperanza (717 003 717) e outras entidades como Saúde Mental FEAFES Galicia (feafesgalicia.org).
Andaina PSM invita ao seguimento da súa actividade en redes sociais (Andaina Pro Saúde Mental en Facebook e @andaina_prosaudemental en Instagram) para poder coñecer as datas e localizacións das diferentes actuacións que se levan a cabo no programa FALAMOS?

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129