Martes, 16 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 10 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
TURISMO

O DOG publica o cambio de titularidade a prol do concello de Tomiño da estrada autonómica PO-195

Transfírese un treito de algo máis de 1,5 quilómetros desta vía autonómica co seu dominio público viario, incluíndo a obra de paso sobre o río do Hospital da Briña, agás os nós de conexión coa PO-552 no seu inicio e final

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto da transferencia  a prol do Concello do Concello de Tomiño da estrada PO-195 en Forcadela.

 

En concreto, transfírese o treito desta vía autonómica de algo máis de 1,5 quilómetros de lonxitude, entre o quilometro 0+020 e o 1+530, incluído o seu dominio público viario.

 

O cambio de titularidade inclúe tamén a obra de paso sobre o río do Hospital da Briña, agás os nós de conexión coa PO-552 no seu inicio e final.

 

Esta transferencia materialízase logo de rematar a Xunta as obras de construción dunha senda peonil ao seu paso por Forcadela.


Coa publicación hoxe do decreto de cambio de titularidade no Diario Oficial de Galicia, o Concello de Tomiño terá a competencia para actuar neste treito da estrada PO-195 ao seu paso por Forcadela e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

 

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación, é dicir, desde mañá.


Na seguinte ligazón ao DOG pódese ampliar a información relativa a esta transferencia, aprobada na reunión do Consello da Xunta do pasado 14 de decembro: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231228/AnuncioG0533-201223-0002_gl.html

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.