GALICIA
Fabiola García destaca a importancia das escolas infantís como servizos de conciliación para as familias
A conselleira de Política Social e Xuventude visitou esta mañá a escola infantil pública autonómica da Estrada
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do alcalde da Estrada, José López, visitou esta mañá a escola infantil pública autonómica desta localidade pontevedresa. Alí destacou a importancia destes centros como servizos fundamentais para garantir a conciliación das familias con nenos de 0 a 3 anos.
A conselleira lembrou que os máis pequenos volven á rutina logo das vacacións de Nadal. Con todo, lembrou que estas escolas infantís mantiveron a súa actividade durante estas festas para garantir a conciliación dos pais tamén durante estas datas. Neste sentido, apuntou que o Goberno galego é consciente de que cada familia presenta distintas necesidades e circunstancias polo que é necesario saber atender a cada unha delas.
Fabiola García sinalou que a etapa educativa de 0 a 3 volverá a ser unha prioridade durante este ano 2024 no que todas as escolas infantís galegas serán por segundo curso académico consecutivo gratuítas. Unha medida que facilita que todas as familias poidan levar os seus fillos a un destes centros, sen ter en conta a súa situación económica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60